A Mesa inicia unha campaña a prol dos dereitos dos galegofalantes

O Parlamento de Galicia está obrigado a debater a toma en consideración desta ILP se logra sumar 10.000 firmas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2017 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou este luns unha campaña de recollida de sinaturas en apoio a unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) coa que pretende "garantir os dereitos lingüísticos dos galegos no ámbito socioeconómico".

A Mesa presenta unha campaña de recollida de firmas
A Mesa presenta unha campaña de recollida de firmas | Fonte: Europa Press

Na presentación desta, que ten por título 'Cárgate de sentido común e asina', o presidente da Mesa, Marcos Maceira, explicou que para que a proposición de lei sexa discutida no Parlamento autonómico necesítanse 10.000 sinaturas.

Neste sentido, asegurou que xa recolleron "algúns miles", aínda que non concretou a cifra posto que admitiu non coñecela.

En defensa desta iniciativa lexislativa, o presidente da Mesa declarou que hai unha "vulneración sistemática" dos dereitos lingüísticos dos galegos posto que, aínda que existen "en teoría, non hai garantías" para a aplicación práctica dos mesmos.

Por iso, Maceira afirmou que "existe un baleiro legal" que impide "a utilización normal do galego" e que leva "moitas veces" a "negación de servizos". "Isto pon en evidencia que hoxe, en 2017, o galego non é unha lingua normal", engadiu.

APOIO DE 120 PERSOAS AO COMEZO

Do mesmo xeito, o presidente da Mesa lembrou que o dereito de falar unha lingua non se basea "soamente" en poder expresarse nela, senón que tamén debe de haber unha "devolución".

Esta proposición de lei presentouse a mediados do pasado mes de febreiro na asemblea xeral da Mesa e, desde o principio, conta co apoio de 120 persoas destacadas de diferentes ámbitos: académico, cultural, deportivo, empresarial, organizacións sindicais e de consumidores, entre outros.

DISPOSICIÓNS LEGAIS

Segundo sinalou o presidente da Mesa, no Estado español existen "máis de 500 disposicións legais" que "obrigan ao uso" do castelán. Ademais, especificou que "máis de 200 están relacionadas co ámbito do consumo".

Pola contra, en canto á utilización do galego, hai "catro ou cinco disposicións e a maior parte das veces nin sequera se cumpren".

CONTIDO DA ILP

A continuación, Maceira detallou o contido da ILP, formada por catro artigos. O primeiro e máis extenso deles establece o dereito dos consumidores a "ser atendidos en galego polas empresas que prestan servizos ou fornecen bens en Galicia".

En canto ao segundo e terceiro, estes céntranse na necesidade de que cando entidades do sector público contraten servizos a terceiros estes non só "garantan o dereito á atención" en galego, senón que tamén que "promovan a normalización lingüística".

O último dos artigos especifica o deber do Goberno autonómico de "desenvolver unha campaña de concienciación cidadá nos medios de comunicación" para dar a coñecer "o pleno dereito á utilización do galego e de recibir atención oral e escrita" en "todos os servizos e empresas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 46 comentarios

13 nostrus

Para Kollontai luguesa. Non te apropies ti do galego porque eu faloo dende sempre porque o mamei dos meus pais e non te creas superior a min por ser de aldea que eu tamen o son. Nada mais inxusto que crearlle problemas as personas polo feito de igualar duas linguas que ademais nunca seran iguais e nada mais absurdo que intentar pesacar falantes de galego a base de intentar obrigar a xente a falalo. Un comerciante usa no seu negocio a lingua que lle da a gaña, inda que non sexa oficial e ao que non lle guste que vaia a outro comercio e ti como galega si vas a administracion tes dereito a usar o galego e podes esixir que o funcionario que te atenda a ti que te comprenda, nada mais, e o resto son gañas de tocar o nabo e facer o tonto. Ti fala o galego canto queiras, renga do español e de España canto queiras, e teu problema, pero deixa aos demais que fagamos o que nos dea a gaña e aos que non renegamos de nada nin temos complexos deixanos en paz.

1 teutonio

Grande, defendendo os dereitos básicos dos consumidores!!

2 Kollontai luguesa

Non manipules o que escribo e busca argumentos de peso non simplificacions infantiloides. Nin en soños me vas arrebatar a miña lingua. Hai moita xente en Europa que me escoitara. Deixa de separar a xente pola lingua que fala e de crear fendas. Non aos separatismos de xente coma ti que se nega a que a miña lingua se normalice.

12 Jiujiu

NaZionatas galeguistas: si tanto os gusta el País Vasco - donde al menos hay doble toponimia - paraíso de terroristas, y la corrupta Cataluňa, cortijo de los Pujol, el 3% y los escuadristas de las CUP, iros para allá. Aquí sois una secta en extinción

1 fora nacionalismo espanhol

porque eu sou da Galiza. Non tenho que ir para Catalunha. E espero que o estado espanhol non me bote da Galiza, a minha terra. E vou seguir falando a lingua da Galiza.

2 nostrus

fora nacionalismo espanhol. Si non foses español non poderias ser galego, pero fas ben, fala o que che dea a gaña e deixa aos demais que fagan o mesmo.

11 balbino

Conclusións dos iluminados liberais españolistas. Estamos en España una grande y libre. Somos liberais pero isto é Espanha e as suas leis están por riba de calquer dereito fundamental. O Galego non se fala por culpa dos nacionalistas que o meten polos ollos, 500 anos de prohibición e persecución e a imposicion do castelán non tiveron nada que ver. A nacionalismo español non existe nin tampouco a imposición a pistola do mesmo, sentirse español é o correcto ser galego e ser terrorista tolo. Os castelanfalantes están discriminados en Galicia, pobriños eles o que teñen que sufrir que lle envíen unha carta en galego pero onde imos parar. Non me extraña que a maioría de cataláns e vascos pidan a independencia para non ter nada que ver con vós, afortunadamente non tódolos españois son como os fascistas que andades por eiquí.

1 nostrus

Conclusion para los cegatos inquisidores nacionistas aprendan. Las leyes en España son democraticas, hechas por los representantes del pueblo y si os considerais sumisos al gallego mucho mas teneis que respetar la Constitucion que fue refrendada por el pueblo voluntariamente y conscientemente. Los nacistas gallegos son tan estu-pidos que son capaces de cambiar la hora para ser diferentes, no tendran ningun reparo en hacer cualquier barbaridad para hacerse notar. ¿Por que no exigiis la destreza con la gaita a los funcionarios para mantener la cultura?.

2 teutonio

Logo porque non podes criticar a lei de normalización lingüística ou os decretos que establecen a toponimia, a lei que regula o acceso ao servizo público e as relacións entre administradores e administrados ou os decretos do ensino. O problema sería que non terías moito que facer sen comentar aquí e terías que buscar outro pasatempo pra non acabar nun psiquiátrico.

3 nostrus

teutonio, yo escribo aqui porque me divierto mofándome del nacinalismo y porque me lo puedo permitir. Las leyes se pueden criticar, pero no se pueden saltar y las leyes no pueden contradecir los derechos que la Constitucion otorga. el problema es que no os importan los derechos y bienestar de las personas, sino que solo os importan vuestras manias.

4 teutonio

Pero quen salta as leis?, e porque non respectas as normas que citei antes e que son totalmente constitucionais como lle reclamas ao resto?, e porque non che importan os dereitos e benestar dos consumidores galegos pra que non poidan ser vítimas de discriminacións ou desinformación na súa lingua á hora de comprar un produto ou dunha pior atención ou servizo?, non sei é que es soamente incoherente ou ademáis tes algún retraso porque calquera que te lea pode ver que o teu discurso, máis alá de slogans, comparacións propias dun rapaz de 8 anos e palabras como naziota é unha absoluta incoherencia

10 Carmen

Es intolerable que se sigan atropellando los derechos fundamentales de todos los gallegos usando como arma un fósil lingüístico decadente y sin ningún futuro. Con su propio dinero, para más inri. Pragmatismo, señores. Lo bueno es que ya queda menos para el fin del derroche lingüicida de los nacionalistas radicales, cada vez son menos.

1 teutonio

Menos mal que sodes os bilingües, mentres os nacionalistas radicais defendemos o ecolingüísmo, a protección dos idiomas minorizados e a diversidade cultural e o coñecemento de linguas. Vos, os supremacistas sodes os fósiles, viaxai e curai o voso supremacismo pailáns!

9 Ya basta

Pero, ¿a quién se le ocurre seguir enterrando dinero en remendar una zapatilla vieja de andar por casa cuando se puede comprar las botas de las siete leguas? Pues eso es lo que ocurre con los dialectos que ya solo hablan cuatro ancianos y una lengua viva y pujante como es EL ESPAÑOL. El despilfarro del sentimentalismo y la imposición

1 Dos-tazas

¿Pujante el español? En los barrios bajos de L.A. será; porque , si dejamos de hablar de número de hablantes, de internet y otras monsergas, al castellano hay que apoyarlo con cientos de millones de euros todos los años y no es lengua de referencia, sino más bien residual en ciencia y técnica. No vendáis basura. Y lo de zapatilla vieja ¿no irá más bien por eso de las zapatillas que calzaban los que hicieron el "primer texto en castellano" que luego se descubrió que era falso?