A Mesa inicia unha campaña a prol dos dereitos dos galegofalantes

O Parlamento de Galicia está obrigado a debater a toma en consideración desta ILP se logra sumar 10.000 firmas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2017 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou este luns unha campaña de recollida de sinaturas en apoio a unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) coa que pretende "garantir os dereitos lingüísticos dos galegos no ámbito socioeconómico".

A Mesa presenta unha campaña de recollida de firmas
A Mesa presenta unha campaña de recollida de firmas | Fonte: Europa Press

Na presentación desta, que ten por título 'Cárgate de sentido común e asina', o presidente da Mesa, Marcos Maceira, explicou que para que a proposición de lei sexa discutida no Parlamento autonómico necesítanse 10.000 sinaturas.

Neste sentido, asegurou que xa recolleron "algúns miles", aínda que non concretou a cifra posto que admitiu non coñecela.

En defensa desta iniciativa lexislativa, o presidente da Mesa declarou que hai unha "vulneración sistemática" dos dereitos lingüísticos dos galegos posto que, aínda que existen "en teoría, non hai garantías" para a aplicación práctica dos mesmos.

Por iso, Maceira afirmou que "existe un baleiro legal" que impide "a utilización normal do galego" e que leva "moitas veces" a "negación de servizos". "Isto pon en evidencia que hoxe, en 2017, o galego non é unha lingua normal", engadiu.

APOIO DE 120 PERSOAS AO COMEZO

Do mesmo xeito, o presidente da Mesa lembrou que o dereito de falar unha lingua non se basea "soamente" en poder expresarse nela, senón que tamén debe de haber unha "devolución".

Esta proposición de lei presentouse a mediados do pasado mes de febreiro na asemblea xeral da Mesa e, desde o principio, conta co apoio de 120 persoas destacadas de diferentes ámbitos: académico, cultural, deportivo, empresarial, organizacións sindicais e de consumidores, entre outros.

DISPOSICIÓNS LEGAIS

Segundo sinalou o presidente da Mesa, no Estado español existen "máis de 500 disposicións legais" que "obrigan ao uso" do castelán. Ademais, especificou que "máis de 200 están relacionadas co ámbito do consumo".

Pola contra, en canto á utilización do galego, hai "catro ou cinco disposicións e a maior parte das veces nin sequera se cumpren".

CONTIDO DA ILP

A continuación, Maceira detallou o contido da ILP, formada por catro artigos. O primeiro e máis extenso deles establece o dereito dos consumidores a "ser atendidos en galego polas empresas que prestan servizos ou fornecen bens en Galicia".

En canto ao segundo e terceiro, estes céntranse na necesidade de que cando entidades do sector público contraten servizos a terceiros estes non só "garantan o dereito á atención" en galego, senón que tamén que "promovan a normalización lingüística".

O último dos artigos especifica o deber do Goberno autonómico de "desenvolver unha campaña de concienciación cidadá nos medios de comunicación" para dar a coñecer "o pleno dereito á utilización do galego e de recibir atención oral e escrita" en "todos os servizos e empresas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 46 comentarios

8 Bisbardos

Canto é o importe da subvención que pillou o chiringuito upegallo para este novo espectáculo?

1 Españolistas dades noxo

Pedir dereitos que aínda non temos os galegofalantes e que os castelánfalantes si teñen é un espectáculo?

2 Fernando G.

Dereitos? A-ha, a-ha. Os unicos que non temos dereitos en Galicia somos os castelánfalantes. Nun lugar donde toda rotulación está so en galego e donde a administración contesta sempre en galego hai discriminación al castelanfalante. A ninguén mais

3 Balbino

Cal é a parte da rotulación que non entendes ???? Toda en galego, ónde??? Vasades a vosa defensa en mentiras , o funcionario falarache o que lle pete, e tamén é mala sorte carai que a min sempre me tocan os que falan en castelán e a ti os que falan en galego. Por certo se alguén non se decatara estamos a falar de Galicia verdade???

4 Fernando G.

Estamos en España, y dentro de ella en una comunidad autónoma llamada Galicia, donde, a pesar de que hay dos idiomas oficiales, la gente cada vez pasa más de hablar gallego gracias a vuestra imposición fanática monolingüe en gallego. Sin embargo, la Xunta del PP sigue con su manía de mandar todos los escritos en gallego, mantener toda la rotulación en gallego, y no mandaros a freir churros, que es lo que tenía que hacer. Claro que la mayoría de los funcionarios hablan en castellano habitualmente, como buena gente que son, harta de tanta opresión de los políticos de todos los colores.

5 nostrus

Balbino, pois claro que estamos a falar de Galicia onde o castelan é oficial dende hai séculos, non dende hai trinta anos. Certo, o funcionario falará o que lle pete, agás si o administrado non comprende que terá que falar en castelan, pero porque non comprende o castelan, non por ningun capricho. E nunha empresa privada falas cos teus clientes no que che pete e si non lles gusta aos teus clientes, que vaian a outro sitio. Faltaria mais que nun bar lle tiveran que falar en galego aos nacionistas.

6 Kollontai luguesa

Vouche deixar un artigo Nostrus, no que se explica o petismo. A mi lo que me pete que para esto pago: http://www.eldiario.es/zonacritica/... Copio e pego: "En un mundo desigual como el nuestro, la frase "que cada uno haga lo que quiera" que tanto defienden los liberales es más bien un "déjame que yo exprima libremente a los que no pueden elegir como yo" E ti sabes tan ben coma min que o galego e o castelán non están na mesma situación. Nada hai máis inxusto que igualar aos iguais. Mágoa que non o saibas. Adam Smith, un insigne liberal, si o sabía. Por certo, nos vosos reducidos mundos de cidades grises pode que sexa así, no resto falamos galego moi gozosamente. Claro, uns cosmpolitas coma vós ben sei que non vos relacionades coas da montaña. Tomaremos nota. Os da montaña tamén visitamos as vosas "cosmpolitas" minicidades costeiras.

7 Kollontai luguesa

Igualar aos non iguais quería escribir. Ao da opresión dos que impoñemos o galego nin lle contesto. Só lle lembro que os galego falantes tamén consumimos e mira, lendo a xentiña coma ti, cada vez estou máis contenta de facelo a través de internet. Vaiche quedando claro? Con respecto aos funcionarios, lémbroche que eu teño o dereito a usar a miña lingua. Se ti e outros continuades a tentar limitalo, será hora de reclamar en Europa e onde nos queiran oír. O voso odio é o alimento do noso amor á nosa lingua. E a forza do noso amor non pode ser inútil. Pola unión!

7 Españolistas dades noxo

Por moito que a mesa ou calquera outro proteste só hai unha realidade no estado español: a imposición do castelán a todos os cidadáns e a discriminación dos galegofalantes, legal e social. No fondo é obvia a intención: Facer a todos españois via a imposición lingüística: nacionalismo identitario, violento. Plantexan construír a nación española sobre a destrucción dos pobos de España. Delirante.

6 Ana

Este sitio está cheo de trolls. Ese e o meu único comentario. Moitas grazas.

1 nostrus

Xa Ana, pero si a vosa opinion conta tamen conta a dos demais, atrévete a discutir e razonar en non desprecies a ninguén. Aos que non comulgamos con rodas de muiño chámasnos trolls. Por certo, por ahi hai outro nostrus que non son eu.

2 Balbino

Nostrus ti eres o claro exemplo do que comulga coa roda do muiño.

3 Kollontai luguesa

Non, aquí trolls penso que se lles chama aos que só utilizan o insulto. Utilizar seudoargumentos para expresar manías persoais non entra, cando menos para min nesta categoría. Por que non traballamos xuntos para conseguir unha Galicia mellor, unha Galicia para os nosos fillos e nos deixamos de tonterías? Que mal che fixen, por exemplo, eu a ti por falar na miña lingua e defender que siga a existir? Se ti existes, e non es unha ficción, xa que nesta web andan moitos a tentar dividir o nacionalismo por motivos diversos, tes que entender que seguramente hai espazos de colaboración posibles para todos os galegos. Hora é por exemplo de pensar no gravísimo problema que temos co envellecemento da poboación, o abandono do rural e a práctica desaparición da industria. Pénsao, Nostrus, e douche a miña man de irmá.

5 Menos dramas

Los nacionatas impositores le harían un favor al gallego si dejasen de imponerlo por doquier hasta hacer peligrar la lengua común y, como efecto colateral, el dialecto del terruño. Afortunadamente, no tienen nada que hacer, cada vez hay más castellanohablantes en nuestra región. La gente elige libremente una lengua avanzada, culta e internacional y no un fósil de aldeanos. Es cuestión de tiempo

4 Nostrus

Ya está la mesa camilla imponiendo los dialectos regionales de las aldeas. El despilfarro de la imposición violenta y el atropello de los derechos de los castellanohablantes.

1 Antinostrus

Ah!!...pero os "castellanohablantes" Falán???....eu pensaba que so orneaban....xatifuera!!!. Nostrus...volta ao Cortello e visita a porquisma da túa proxenitora que anda ca-gán- do-se por España abaixo........

2 nostrus

Antinostrus, que sepas que este comentario no es mio, alguien me suplantó y ahora tu le contestas tus babosadas.