Un partido, moitas opinións

Os socialistas sosteñen un discurso distinto en función da latitude na que se atope cada un dos seus dirixentes. Esta patente incoherencia, esta diversidade de criterios fai concluir que o PSOE ten tantas opinións como concellos ou comunidades autónomas hai. Responde, claro está, a intereses de partido que, polo que se ve, son contrapostos segundo o punto do mapa do que se trate. O interese xeral, a defensa do país, pasa a un segundo plano.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 09/02/2010

Comparte esta noticia

Exemplos hainos, e moitos. A fusión das caixas galegas é o que nos pilla máis preto. Así, mentres na Coruña están encantados co resultado da auditoría externa que avala a fusión das entidades galegas, en Vigo convocan unha manifestación para rexeitar a unión.

Se miramos hacia Madrid, o posicionamento do Goberno de Zapatero tamén emprega raseiros distintos. O reto é contundente: recurrirá a Lei de Caixas galega, que contou (non hai que esquecelo) co respaldo de dous tercios do Parlamento de Galicia, por unha suposta inconstitucionalidade dalgúns dos seus artigos.

O perxuizo que se lle ocasionará a Galicia con esta decisión é innegable. En primeiro lugar porque este atranco imposibilitaría xa, independentemente da decisión que adopte o Tribunal Constitucional, unha hipotética fusión entre as caixas galegas ó non ter acceso as axudas do Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria.

Tamén hai que ter presente que o uso desta argucia, antes incluso de que se abra a negociación entre Xunta e executivo central, pon de manifesto o distinto raseiro e discurso do Goberno Zapatero tamén, como os seus compañeiros de partido en Galicia, segundo de que comunidade autónoma se trate. En Andalucia e Cataluña non se puxeron trabas ás alianzas entre as caixas autóctonas. No caso de Galicia parece que se decantan por facilitar as alianzas coas foráneas.
Galicia precisa, e máis na actual coxuntura económica, unha caixa forte, viable, solvente e galega. Os que se opoñen a esta necesidade deberán explicar as verdadeiras razóns que teñen para facelo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog