Maneira e maneiras

Galicia, pese a crise, acabou o ano 2009 cun déficit do un por cento sobre o PIB, por debaixo, por tanto, do obxectivo do 2,2% de media que se fixara para o conxunto das comunidades autónomas.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 22/02/2010

Comparte esta noticia

Ademais, a economía galega rematou o pasado exercicio cunha contracción do tres por cento, seis décimas menos que a media española. Non é para tirar foguetes porque a situación segue a ser complicada, pero si para suliñar que hai maneiras e maneiras de enfrontarse a unha situación adversa. E a actuación contra ela, a aplicación dun plan de austeridade eficaz, á vista está, dá os seus froitos.

O Partido Popular demostra na Xunta, como xa o fixo durante a súa etapa ó fronte do goberno do Estado, que xestiona ben e que sabe facelo ademais ou a pesar da penuria e pese a mala herdanza recibida de socialistas e nacionalistas.

Así, a Xunta axustou os seus gastos e ingresos ó orzamento inicial, gracias a que as deficiencias nas estimacións realizadas polo bipartito foron compensadas con recursos adicionais e unha mellora sustancial na xestión dos fondos europeos, así como o xa mencionado Plan de Austeridade aplicado polo Goberno de Feijoo.

Un plan que permitiu un aforro de 144 millóns de euros, que se adicaron a financiar investimentos productivos e gasto social dirixido en boa parte a xerar emprego a través do Plan de dinamización contra a crise.

Esta situación contrasta claramente coa que presenta o Goberno central. O déficit do conxunto das administracións públicas supón o 11,4% do PIB, preto de 120 mil millóns de euros, dos que case 100 mil millóns de euros son responsabilidade directa do executivo de Zapatero.

Ante esta situación, o Goberno de ZP, tamé plantexou un plan de austeridade (que o PP, por certo, levaba moito tempo reclamándolle) co que pretende reducir o gasto en 50.000 millóns de eiquí ó 2013.

Pero este plan, como toda a súa política económica, non é creíble. As súas previsións macroeconómicas voltan a pecar de excesivo optimismo e contrastan, outra vez, coas previsións da maioría de organismos e institucións económicas.

Non se teñen suficientemente en conta, ademais, a probable subida dos tipos de interese que o BCE estableza este ano, nin o encarecemento da rendabilidade que haxa que ofrecer para colocar a altísima débeda pública. Ambas circunstancias invalidan xa, de por si, os cálculos realizados polo Goberno central.

Por outro banda, tampouco se especifica onde se realizarán os recortes de gasto, ni en qué cuantías, o que converte este plan en pouco máis que unha declaración de intencións que teñen pouco peso, máxime co historial derrochador que presenta o Goberno socialista e do que temos boa mostra na propia Deputación de Lugo.

En definitiva, hai maneiras e maneiras e as que representa Rodríguez Zapatero, e o socialistas en xeral, seguen sen ser as axeitadas. O Partido Popular é un referente en materia económica, un exemplo a seguir, demostrouno no seu momento en España e en tan só dez meses tamén o está a demostrar en Galicia.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog