Expertos galegos piden “reducir o custo de certos alimentos” para a xente con menos ingresos

Investigadores da Universidade de Santiago e do Hospital Povisa publican un estudo que constata un aumento durante a crise da fenda alimentaria entre familias desempregadas e ocupadas. Solicitan medias para asegurar unha boa alimentación aos segmentos máis vulnerables durante períodos de recesión económica.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/04/2017 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

O desemprego ten sempre un impacto negativo no consumo de alimentos dos fogares en España, tanto nos períodos de auxe como de crise económica. Porén, a fenda alimentaria entre traballadores e parados aumentou durante a recesión iniciada en 2008, segundo un estudo publicado por investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e do Hospital Povisa de Vigo.

Alimentos.
Alimentos.

En concreto, se en 2006 —ano de crecemento económico— o gasto en alimentos nos fogares cuxo cabeza de familia estaba desempregado foi un 2,9% menor que nos fogares cuxo principal sustentador estaba empregado, esa fenda ampliouse até o 4,5% en 2013, ano de plena recesión. Así o puideron corroborar os economistas Manel Antelo e Juan C. Reboredo e a profesora de Bioestadística Pilar Magdalena no seu estudo 'Economic crisis and the unemployment effect on household food expenditure: The case of Spain', que publica agora a revista Food Policy.

Coa análise dos datos obtidos puideron constatar que "o desemprego ten un impacto negativo no consumo de alimentos dos fogares españois" e que este "se intensificou en tempos de crises e para a maioría das categorías de alimentos", sendo "máis pronunciado" nas familias máis desfavorecidas, nas que "o consumo de alimentos é menor", sendo a súa caída máis pronunciada en tempos de recesión.

En consecuencia, segundo os investigadoires, "pódese argumentar que os efectos dunha crise económica sobre o desemprego non son só cuantitativos ou «visibles» (taxas de desemprego máis elevadas), senón tamén cualitativos ou «invisibles»".

MEDIDAS

O estudo leva aos autores a suxerir que "as crises económicas poden socavar o dereito dos cidadáns á seguridade alimentaria, recoñecido polo Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais das Nacións Unidas; este é especialmente o caso das familias que sofren desemprego".

Por isto, aconsellan que "as políticas alimentarias deben centrarse nos grupos sociais máis vulnerables, a saber, os desempregados e os grupos de menores ingresos, a fin de minimizar os riscos para a saúde derivados dunha nutrición deficiente".

Os investigadores galegos tamén piden que "as estratexias alimentarias dirixidas ás poboacións obxectivo deben garantir a inxesta de cantidades adecuadas de alimentos saudables, especialmente en períodos de crises, cando a magnitude do efecto do desemprego sobre o gasto en alimentación aumenta".

En definitiva, "as políticas alimentarias deben dirixirse tanto aos grupos vulnerables como aos ciclos económicos, cunha intensificación das medidas para reducir ao mínimo a malnutrición durante os períodos de crises", argúen os autores galegos, que solicitan "iniciativas para reducir o custo de certos alimentos para os segmentos de poboación con menores ingresos e menos preparados, que se retirarán gradualmente a medida que a crise retroceda".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Mary Pérez

En primer lugar, me gustaría pedir disculpas por no publicar este comentario en Gallego, pero es que lo tengo muy oxidado. Por otro lado, respecto a este artículo, la verdad que deberían poder reducir aunque sea el precio de los alimentos saludables, como por ejemplo los que contengan algo de pericón, ya que es una planta muy buena para poder adelgazar y evitar de esta forma la obesidad. No pedimos que se baje el dinero de la carne ni de las gambas, si no de los productos esenciales para poder vivir. Saludos :)

1 Gamela

Deixémonos de lerias, o segmento de poboación con menores ingresos SOMOS TODAS! Os alimentos frescos cada día son máis inaccesibles e os seus prezos son unha pura ESPECULACIÓN! O día que quitemos das nosas cabezas o apelido "para probres" será un día grande : exemplo: ¿ti onde ques comer? nun restaurante ou nun comedor "social" ? Se lle quitas o apelido "social" (ou para pobres) a pregunta sería: ¿ti onde ques comer? nun restaurante ou nun comedor? Eu sentaríame no COMEDOR e nin siquera tería que ler carta algunha... comería encantado o xantar do día, fresco, saudable e sen luxos pero saboroso... !!! Esto como todo é unha pura farsa do capital que pagamos os de abaixo coma sempre para que coman esquisiteces os de arriba !!!