O 100% dos golfiños que varan en Galicia teñen microplásticos nos seus estómagos

Investigadores do Instituto Español de Oceanografía e da CEMMA extraeron 411 microplásticos de 35 exemplares examinados.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 17/04/2017 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

Investigadores do Instituto Español de Oceanografía (IEO) en Vigo e da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) analizaron e cuantificaron a presenza de microplásticos en 35 mostras de estómagos de golfiños comúns varados na costa de Galicia entre os anos 2005 e 2010. Os resultados, presentados recentemente, son alarmantes: o 100% dos Delphinus delphis presentaban microplásticos nos seus estómagos; en total, os investigadores chegaron a extraerlles 411 pezas.

Golfiño varado na praia de Razo
Golfiño varado na praia de Razo | Fonte: CEMMA.

Deste total, o 96.59% estivo composto por fibras, o 3.16% por fragmentos e o 0.25% por microperlas. O número medio de microplásticos atopados por contido estomacal foi de 12 e a súa lonxitude media, de 2,43 a 2,91 milímetros. Os investigadores apuntan, ao respecto, que "xa que a cantidade de microplásticos atopados por contido estomacal foi demasiado baixa como para bloquear ou comprometer o funcionamento do tracto dixestivo dos 35 golfiños comúns analizados, os microplásticos poderían estar actuando como vectores de substancias tóxicas e producirlles efectos negativos sobre o metabolismo ou outros procesos biolóxicos".

Os científicos lembran que os microplásticos (fragmentos de plástico de menos de 5 milímetros de diámetro) están presentes nos hábitats mariños de todo o mundo nunha taxa elevada debido ás súas propiedades físicas, que lles confiren unha gran resistencia á degradación. A comunidade científica vén expoñendo nos últimos anos que os microplásticos están a ser inxeridos por unha gran variedade de especies mariñas, actuando desta maneira como vectores de substancias tóxicas, as cales poden chegar a causar disrupción endocrina e afectar o seu metabolismo e outros procesos biolóxicos.

Os resultados do estudo dos científicos galegos son recollidos nun libro publicado recentemente que recompila as actas do congreso 'MICRO 2016: Fate and Impact of Microplastics in Marine Ecosystems: From the Coastline to the Open Sea'. Os autores do estudo son: Alberto Hernandez-Gonzalez, Camilo Saavedra, Jesús Gago, Pablo Covelo e M. Begoña Santos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Rgjky

Algún día penso que se xulgará con severidade o feito de dilapidar recursos en autores de medio pelo, cuxas produccións son tan relevantes no panorama literario internacional como o ridículo rato que saiu tras o parto dos montes. Ao igual que a Xustiza aínda non entrou na universidade malia saberse que é unha das institucións mais corrutas que temos, que as prazas de docente son asaltadas por cooptación por grupos relixiosos ou políticos, etc. algún día espero ver entre reixas aos sinvergonzas que van de apóstoles do galego e en realidade so rouban ao fino e con moitos fumes.

1 teutonio

Menos mal que temos a Belén Esteban vendendo centos de miles de libros pra mellorar ese panorama literario internacional.

2 Rgiky

¿Entón ti cres que este antigo membro das Mocidades Galeguistas, despois tan comprometido con FET de las JONS que lle deron traballo nas Fiscalía de Tasas, e que acabou no PSOE, digo, se cres un hito literario internacional o poema no que criticaba a homosexualidade de Bouza Brey, ou este outro que lle adicou a un poeta que el chamaba González jajá: "La dama gime y protesta/ caballero, su pipí es pequeño/ no jode, pero molesta".? É irrelevante, mírese por onde se mire, pero forma parte do mundo políticamente correcto onde a verdade non importa, so que aparente selo.

2 Gustavo

El dixo, polo que aquí se pon, "gustaríame de que se utilizase a grafia do portugués, conservando o noso propio idioma". A cuestión é que hoxe o reintegracionismo defende claramente (e así pode lerse nunha moitedume de escritos e slogans) que o galego non existe como idioma, que é portugués e ponto, e escrébese non xa coa grafía portuguesa senón co léxico portugués (xeralmente nun pastiche pouco intelixible para galegos e portugueses). Dase unha negación literal do galego como idioma propio, así foi a deriva do reintegracionismo, moito máis alá da ortografía.

1 Gustavo

Senhor Carcamo, seus raçoamentos atingiron-me con tal força que, de facto, estou a comer um sande de presunto, ao que antes, perversamente, chamaba "xamón". Síntome muito máis galego-portugués, embora o produto fora de origem espanhol (ou assim diz a etiqueta)

1 aaaaa

Os lusistas DIN o que lles interesa, o que calan e que o galegos nunca se escribiu como o portugués, senon que as famosas cantigas "galego-portuguesaas" somentes se conservaron en códices portugueses tardíos, de ai a ortografía falsa que nos queren meter no galego, e coa ortografía todo o demás.