Desnortados

As propostas presentadas polo goberno na comisión anticrise revelan dous feitos salientables.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 15/03/2010

Comparte esta noticia

O primeiro é que o goberno segue desnortado á hora de aplicar medidas eficaces en política económica para loitar contra a crise. Só así se explica que plantexara únicamente dúas medidas relevantes, pero totalmente insuficientes, como son a concesión directa de créditos do ICO ás Pemes e autónomos e a rebaixa no tipo de IVE para obras de rehabilitación de vivendas. Esta última ademais é unha copia dunha enmenda ós PXE 2010 que presentou o Partido Popular e que foi vetada polo goberno sen dar sequera opción a debatila.

O executivo central segue sen abordar temas fundamentais para a reactivación económica como son a consolidación das contas públicas, a reestructuración do sistema financiero ou a reforma laboral.

O segundo feito que se deriva deste documento é que o goberno está tentando gañar tempo coa esperanza de que a recuperación económica internacional empurre a reactivación económica española e realice o traballo que os socialistas non son quen de facer. De feito, as medidas que propón non requiren dous meses para implementarse senón que se poden adoptar inmediatamente.

Esa ilusa esperanza do goberno de que sexan os demais os que nos saquen da burato é un tremendo erro. Hai razóns de peso para facer esa afirmación. A recuperación internacional, aínda que si se empezou a manifestar noutros países (a diferencia do noso) é demasiado feble como para reactivar a economía nacional. Ademais os desequilibrios do noso sistema productivo derivados da falta de competitividade e da ausencia de reformas estructurais como a do mercado laboral situarán a España cunha seria desvantaxe internacional que nos fará perder cuota de mercado aínda que a recuperación se acelerase.

Ademais, os problemas de credibilidade e as medidas desacertadas do noso goberno seguirán lastrando as nosas posibilidades de recuperación. Como exemplo temos o último informe da axencia Standard & Poor`s que desconfía da capacidade do executivo para reducir o déficit por debaixo do 3 por cento no 2013 ou o aviso da Comisión Europea de que a próxima suba do IVE perxudicará a economía española.

En definitiva, o goberno debe rectificar a súa política, aplicando un plan máis crible de reducción do déficit público, deixar de poñer trabas á reestructuración do sistema financiero como fai coa fusión das caixas galegas, e esquecer a súa antisocial e inapropiada subida de impostos que perxudicará ós máis febles e contraerá aínda máis a actividade económica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog