Equilibrio e liberdade

O galego, a nosa lingua propia, é o noso principal sinal de identidade e a súa defensa non é, nin tampouco debe pretender ser, patrimonio exclusivo de ningún partido político, sexa cal sexa. O galego é de todos os galegos e as galegas e todos temos e debemos defendelo.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 22/03/2010

Comparte esta noticia

O equilibrio e a liberdade son (como ó meu entender deben ser) as premisas básicas sobre as que se sustenta o borrador do proxecto de decreto plurilingüe presentado recentemente polo goberno galego.

A Xunta de Galicia escoitou (e esto hai que telo moi presente) as opinións de todos a este respecto e, en base a elas, decidiu. E a súa decisión, ese borrador que xa está a disposición de todos, cumpre varios preceptos salientables.

En primeiro lugar, dá resposta a unha promesa electoral asumida directamente polo presidente Feijoo. Ademais, salvagarda os dereitos e deberes constitucionais e estatutarios referidos á lingua e garante non só o fomento da nosa lingua propia, o galego, senón que establece o punto de partida para promover a aprendizaxe dunha lingua estranxeira, que contribuirá a mellorar a capacitación lingüística dos alumnos nos primeiros tramos educativos, dende infantil ata a secundaria obrigatoria, da que, segundo os datos existentes, carecían.

Galicia, como ben saben todos os galegos, é bilingüe e por esa razón dase liberdade de elección ós alumnos para que se decanten polo uso dunha ou outra tanto no que respecta á expresión oral durante o desenvolvemento das clases como á hora de facer os exames.

En definitiva, este borrador de decreto garante o máximo equilibrio entre as dúas linguas oficiais en todas as etapas educativas, aínda que sin obviar o compromiso de fomentar o uso do galego, e introduce, a maiores, unha aposta decidida e sobre todo efectiva pola inclusión dunha terceira lingua estranxeira, priorizando o inglés.

Non hai que esquecer tampouco o papel relevante que en todo este proceso asumirán os pais e as nais, que por primeira vez pudieron opinar sobre a educación que van a recibir os seus fillos e que, segundo garante o propio decreto, seguirán a facelo no futuro.

O Goberno da Xunta puxo sobre a mesa unha proposta sensata, consensuada e con proxección de futuro. Agora tócalle a outros opinar e decidir si se suman a ela ou non, aínda que para poder facelo implícitamente terán que recoñecer que a imposición, como sobradamente quedou demostrado, non foi e tampouco será o mellor camiño para a armonía e a cordialidade lingüitica pola que avogan a maioría dos galegos.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog