Unha provincia, moitas visións

Lugo é unha provincia chea de posibilidades, de arraigadas tradicións, de grandes riquezas naturais, patrimoniais, culturais e gastronómicas.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 05/04/2010

Comparte esta noticia

Son cada día máis consciente desa exuberancia de cores, olores e sabores, que non por repetidos deixan de ter encanto, máis ben ó contrario, cada día ofrecen un matiz novo, unha visión distinta.

Xunto con esa provincia cun amplísimo abanico de paisaxes excepcionais, de monumentos únicos, de viños e viandas excelentes, hai outra provincia cunha cara menos amable e moito menos atractiva.

Lugo é unha provincia de contrastes, de praias e montañas, de vals e de espacios agrestes, pero tamén de desigualdades, de diferencias case que insalvables.

É unha provincia onde abundan as estradas mordidas pola vexetación circundante, nas que é imposible sortear os baches ou ignorar a gravilla solta; de polígonos industrias case deshabitados, con infraestructuras deficientes e con empresas que afrontan graves dificultades económicas que fan poñer en cuestións a súa continuidade; de pobos case fantasmas nos que a mengua de servicios vai parella á perda de despoboación porque o tan aludido reequilibro territorial non se dá materializado.

Falo dunha situación ben coñecida, son testigo dela nos meus continuos percorridos polas comarcas e concellos desta provincia nosa. Son conscientes de que as deficiencias ou as melloras precisas non se poden manterializar dun día para outro. Nin en tempos de bonanza é posible acometer a un tempo todas as necesidades nin dar resposta a todas as demandas, hai que priorizar actuacións. Nos tempos que corren, cuns recursos aínda máis contados por mor da crise económica, hai que fiar moi fino para seguir avanzando, paseniño, pero avanzando.

Sorpréndeme, a pesares do que estou relatando, das deficiencias que se detectan a primeira vista, sen necesidade de profundizar nas peculiaridades específicas de cada concello ou bisbarra, que dende a Deputación se malgasten alegremente os cartos de todos en actuacións que en nada repercuten na mellora da calidade de vida dos cidadáns.

Abundan nos orzamentos provincias as partidas para gastos diversos, sobre os que resulta difícil exercer unha laboura fiscalizadora; multiplícanse as consignacións para gastos protocolarios ou para accións diseñadas específicamente para a maior gloria dos máximos responsables provincias, xa pertenzan á área socialista ou nacionalista, que para eso non hai diferencias entre os integrantes do goberno.

Onde está a sensibilidade e o respaldo do gabinete que preside Gómez Besteiro para cos sectores productivos que máis o precisan? Onde está o seu apoio ós concellos máis aillados e máis deficientes en infraestructuras básicas? Por que premeditadamente se retrasa a execución de obras aprobadas antes da chegada do bipartito á Deputación cando está fora de discusión a súa importancia? Por que se fan diferencias ostensibles entre uns concellos e outros en función non das súas necesidades senón da súa cor política?

Convido ós lucenses a reflexionar sobre todo esto e reclamo ós máximos responsables da administración provincial que, á hora de fixar as súas directrices políticas, prime o interese xeral sobre o partidista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog