Temas: AXENDA

Antón Lopo, pregoeiro da XXIV Mostra de Viños de Pantón

Nove adegas da D.O. Ribeira Sacra da subzona da Ribeira do Miño estarán representadas nesta edición.

Por GC Tendencias | Ferreira de Pantón | 10/05/2017 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

O Concello de Pantón está situado no sur da provincia de Lugo, na Ribeira Sacra, e os seus límites veñen marcados polos ríos Miño, Cabe e Sil feito polo cal se lle vén chamando a “Mesopotamia galega”. A capital do concello é Ferreira de Pantón, vila que acollerá os días 13 e 14 este certame vinícola que vai collendo prestixio na contorna e que dende o ano pasado coincide coa celebración da Romaría-Festa da Empanada. Este encontro festeiro gastronómico terá lugar o sábado e para incentivar a participación colectiva o concello ofrece 3 premios para os asistentes que máis se involucren. Así, pois, haberá un premio para o grupo máis numeroso, outro para a cuadrilla coa camisola máis orixinal e un terceiro para o colectivo que sexa máis festeiro.

A banda Riff Raff
A banda Riff Raff

A inauguración será o sábado 13 ás 13.00 h e correrá a cargo de José Manuel Balseiro Orol, Delegado da Xunta de Galicia na provincia de Lugo. A música vai estar moi presente nesta edición, pola mañá o recinto feiral estará amenizado polas charangas NBA e Mekánica e xa pola tarde o protagonismo neste sentido correrá a cargo do grupo de percusión e batucada Trópico de Grelos. Para xantar, o dito, II Festa da Empanada e no mesmo recinto festivo haberá onde mercalas e onde situarse para dar conta delas acampañadas dun bo Ribeira Sacra.

Xa pola noite, concertos a partires das 23.00 h. O grupo revelación destes últimos anos, sobre todo nesta zona, os Gin Toni’s, ofrecerán o seu clásico repertorio de música pop e rock dos 80 e 90 para a delicia de asistentes e xa numerosos fans. A continuación, o grupo Riff Raff ofrecerán versións de AC/DC. Esta formación é considerada unha das mellores bandas do panorama nacional que versionan ao mítico grupo heavy.

E para o domingo salientar o pregón do escritor e tamén editor monfortino, Antón Lopo, programado para as 13.00 h. e a continuación concerto da Banda de Gaitas do Castro de Ferreira que tamén repetirá pola tarde. Durante todo o día actuarán polas rúas de Ferreira as charangas Europa e Nova Terra de Trives. Pola noite baile amenizado pola orquestra Poceiro.

Temas: AXENDA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta