Un paso importante

A fusión das caixas galegas é, pola súa transcendencia, un asunto de país.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 09/04/2010

Comparte esta noticia

 E ó final impúxose a responsabilidade e imperou o que, dende o principio, era do que se trataba: de abrir a negociación para garantir a galeguidade e a solvencia da caixa resultante.

Avanzar no proceso de reestructuración do sector bancario, especialmente no que afecta ás caixas de aforros, era algo do que ninguén dubidaba e que todos os expertos e organismos competentes, incluido o Banco de España, recomendaban.

Era unha cuestión non xa necesaria senón obrigada para asegurar, ademais dunha reducción no número de entidades, que éstas sexan máis fortes e que, deste xeito, poidan contribuir a reactivar o crédito e a recuperación económica, que é, non hai que esquecelo, a prioridade para todos neste intre, tanto para as administracións como para o conxunto dos cidadáns.

Non cabe dúbida de que este proceso inicial fíxose moi longo e non precisamente porque se demorara en exceso no tempo senón porque deu moito, demasiado, que falar. A fusión das caixas galegas converteuse nun embrollo de envergadura case dende o principio porque a letra pequena tivo máis transcendencia do que a priori podería agardarse e indiscutiblemente marcou o ritmo e a dirección da sucesión de acontecementos posteriores.

A crónica dende logo foi intesa dende o mesmo intre no que o Parlamento galego lle deu o visto bo á lei de caixas. Unha cuestión que está aínda pendente da decisión que adopte o Tribunal Constitucional ante a cando menos sorprendente maniobra do Goberno que lidera Rodríguez Zapatero de presentar un moi cuestionado recurso de incostitucionalidade.

Os intereses contrapostos e os conflictos xurdidos no seo dalgunha forza política tamén contribuiron a dilatar e a enrarecer o proceso. Unha cuestión sobre a que terán que rendir contas os seus responsables.

En calquera caso e á marxe das idas e vidas de algúns e das bravuconadas fóra de lugar e tempo de outros, que as dúas caixas aceptasen sentarse a negociar a fusión é unha boa noticia para Galicia e responde á defensa do interese xeral que é, o fin, o que verdadeiramente importa e o que sempre defendeu e promoveu dende a Xunta o seu presidente Alberto Núñez Feijoo. Agora é momento de obviar localismos e liortas partidistas; é momento de facer país e loitar por acadar o mellor resultado posible para todos. O primeiro paso, o máis importante, xa se deu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog