Hipotecas na vez de pan

Zapatero pretende castigar a Galicia porque é popular ou, dito doutro xeito, porque non é socialista.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 19/04/2010

Comparte esta noticia

É unha das moitas cruzadas absurdas nas que anda inmerso últimamente: que si recurre ó Tribunal Constitucional para atrancar a lei de caixas (animado polo lucense José Blanco, quen despois do seu “patriotismo de hojalata” deixou claro cal é a súa postura neste asunto), que si boicot ó Xacobeo negándolle fondos e ata un sorte de lotería ou a celebración dalgunha das xuntanzas previstas por mor da presidencia de turno española da Unión Europea, que si racanea a entrega da financiación que lexítimamente lle corresponde a nosa comunidade… En fin, a lista de agravios é cuantiosa e non só contra os intereses de Galicia senón de todo o Estado por culpa da nefasta política económica que está a practicar o executivo central.

Pero a realidade é tozuda e desdice as mentiras e sobre todo pon de manifesto a boa ou mala praxis que se aplica á hora de gobernar.

Na era Zapatero os nenos nos veñen, como tradicionalmente se dicía, cun pan baixo o brazo, nin sequera, nunha versión moderna o máis típico estilo socialista, co prometido cheque bebé. Non. Veñen cos dúas hipotecas, a que lles impón Zapatero nada máis nacer e a que, andando o tempo, asumirán si queren (ou poden) adquirir unha vivenda.

Os datos, ó igual que a realidade, son incontestables. O PSOE, con Felipe González á cabeza, elevou a taxa de paro ata o 23 por cento; o PP, en oito anos, rebaixouna a máis da metade, pero chegou Zapatero e voltaron a duplicala ata o 20 por cento. Conclusión evidente: Os socialistas son especialistas en destruir emprego e o PP é a única forza política que crea postos de traballo neste país.

No que atinxe ó déficit público, máis do mesmo. En 1995 estaba preto do sete por cento; o goberno de Aznar deixouno en cero, pero chegou a nova remesa socialista e xa superamos un (negativo) once por cento.

E que lles vou dicir da débeda pública… As previsións para este ano do propio goberno de Rodríguez Zapatero é de case o 66 por cento, e rondará dentro dun par de anos, segundo as súas propias estimacións, ó 75 por cento. E veremos en qué medida afecta a este parámetro o plan de axuda a Grecia que o Goberno de España, como presidente de turno da Unión Europea, está a impulsar e que suporá para as arcas nacionais o desembolso de 3.650 millóns de euros.

Non dubido de que sexa preciso dende as institucións europeas acudir ó rescate económico de un dos seus membros, pero é igualmente necesario ter presente a situación interna do noso país para sopesar serenamente ata onde pode chegar a solidariedade española. O Goberno de Zapatero debería explicarlle os cidadáns deste país o custo que se derivará desta actuación.

Puntualizo sobre a débeda pública que no 96, cunha taxa de partida do 68,1 por cento, o Partido Popular aplicou medidas que permitiron rebaixala no 2003 ata o 50,8 por cento. Un dato que creo é tamén importante ter en consideración para facer unha comparativa entre a xestión realizada polos gobernos populares e os socialistas,

En resumo, a historia económica recente deste país amosa claramente dúas conclusións: os socialistas destrúen postos de traballo a un ritmo frenético e hipotecan o futuro das próximas xeracións con igual ardor.

Todo ten un límite e, chegados ó extremo no que nos atopamos, o cambio, ademais de necesario, é ineludible por máis tempo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog