O novo número da revista Granta está adicado á terra

A Fundación Aquae, promotora do evento participativo para estudantes e emprendedores Aquae Talent Hub, que recentemente se celebrou en Compostela, xunto con Viaqua e a Universidade de Santiago, promove a saída dun novo número da revista Granta, que xa está dispoñible nas librarías.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/05/2017 | Actualizada ás 10:26

Comparte esta noticia

“Tierra” forma parte dunha serie de catro monográficos sobre os elementos básicos da natureza (Auga, Terra, Aire e Lume) que a prestixiosa revista literaria, na súa versión en español, está editando coa axuda da Fundación Aquae. En 2016, con motivo do Día Mundial da Auga  publicouse o primeiro monográfico titulado “Agua”, que reuniu textos narrativos e poéticos, pensamentos e lembranzas. En 2017 Granta presenta este número, “Tierra”, en 2018 chegará “Aire” e no 2019 completarase a serie con “Fuego”. 

Na foto, de esquerda á dereita: Valerie Miles, Ángel Simón, Mercedes Monmany e Antonio Muñoz Molina.
Na foto, de esquerda á dereita: Valerie Miles, Ángel Simón, Mercedes Monmany e Antonio Muñoz Molina.

Neste número participan Herta Müller, Judith Thurman, Enrique Vila-Matas, Marguerite Yourcenar, Jenn Díaz, Harold Pinter, Francesc Serés, Mónica Ramón Ríos, Ken Follet entre outros moitos.  

Granta en Español é unha revista de narrativa, crónica e reportaxe, decana das edicións internacionais da publicación británica Granta. Recolle en dous números anuais colaboracións inéditas procedentes de todo o ámbito hispáno e escritos procedentes dos números en outros idiomas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta