Xacobeo

O 2010 é un ano importante para Galicia. A celebración do Xacobeo é un fito histórico para promocionar a nosa terra en todo o mundo e unha oportunidade económica nada desdeñable nun intre no que calquer axuda é boa para tentar empurrar os datos hacia valores positivos.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 08/05/2010

Comparte esta noticia

Pero como case sempre acontece, tamén con motivo do Ano Santo hai quen prefire atrancar o carro na vez de empurrar del. O Goberno de Rodríguez Zapatero adícase a torpedear a festa á que debería sumarse con efusión e entrega.

Négase a transferir fondos e racanea a celebración de calquer acto ou actividade que ben poidera contribuir a promocionar no exterior tan sinalada data, obviando que o Xacobeo non é só de Galicia ou de Santiago, é de toda España, porque moitos son os camiños que levan ós peregrinos a Compostela ó pé do Apóstolo.

Esta actitude dos socialistas non resulta novedosa é desgraciadamente non se restrinxe únicamente a este asunto, simplemente amplifica o proceder dos seus compañeiros en Galicia que centran o seu discurso crítico en minimizar a programación cultural diseñada pola Xunta, esquecendo, porque a súa memoria política é moi fráxil, que a súa propia contribución, xunto cos daquela socios de goberno na Xunta, foi totalmente nula. Así, todas e cantas actuacións de mellora e conservación das distintas rutas parécenlle insuficientes e ata lle restan mérito á anunciada visita papal.

A relevancia do Xacobeo, coma outros asuntos candentes neste intre na nosa cumunidade, son, ou debería selo alomentos, asunto de país e, polo tanto, como tal deberían ser tratados.

Poñerse en contra de todo e boicotear canto sea posible este acontecemento pon de manifesto a pouca altura de miras dos socialistas e sobre todo deixa patente que non escatiman ningunha oportunidade para castigar a Galicia por retirarlle o seu apoio nas urnas, primando, en consecuencia, o interese partidista sobre o xeral. Proceder que, ó meu entender, é totalmente errado. O seu desmarque, nembargantes, non empañará o brillo do acontecemento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog