Zapatero, un engano

A estas alturas, despois de que Rodríguez Zapatero dera a coñecer o radical, improvisado e imposto plan de axuste económico, só uns días despois de que asegura ante Rajoy que non era o momento de afrontar unha reducción drástica do déficit, a retahíla de negacións sobre a gravidade e o alcance da crise dos últimos dous anos deben estar a martillar os miolos do goberno socialista ó completo.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 23/05/2010

Comparte esta noticia

É de agardar que cando menos certo rubor apoderarase de Zapatero cando lle reprochen todo o que dixo. Así, por exemplo, confirmada a recesión, mantiña que era “opinable” que España entrara en crise ou aseguraba que non había “atisbo de recesión económica” ou incluso que o sistema económico español “era un modelo internacional de solvencia e eficiencia”. Eso diciao a finais de 2007 e a principios de 2008 insistía en que a crise era “unha falacia, puro catastrofismo” e enarbolaba eslóganes “polo pleno emprego” e prometía a creación de dos millóns de novos postos de traballo.

Non foi ata xullo de hai dous anos cando pronunciou (e recoñeceu) por primeira vez a existencia da crise. E foi a partir de aí cando periódica e tercamente auguraba un fin inmediato da sangría do desemprego e atisbaba unha próxima mellora económica que nunca chegaba a producirse. En abril de 2009, segundo dicia, o peor da crise xa pasara e as cifras do paro ían ter “outro color” nos próximos meses; en xuño xa “tocaramos fondo”; en xaneiro deste ano “obxectivamente o peor da crise xa pasara” e incluso a finais do pasado mes de abril afirmaba que a reducción do paro era inminente.

Pero nada foi como dixo que sería. Temos máis de cinco millóns de parados e un déficit do once por cento e a súa encadenación de erros, a presión dos mercados e o mandato da Unión Europea fixo que Zapatero se vira obrigado a contradecirse a si mesmo e imaxino que a arrepentirse de repetir tantas veces que “mientras yo sea presidente, las políticas sociales no tendrán recortes”.

As medidas de axuste que plantexa supoñen, de feito, a maior rebaixa no gasto social da democracia. Este cambio de visión e mesmo de acción, parido da noite para a mañá, merece ser obxecto de estudo porque posiblemente non existan precedentes dun cambio de ideario político tan radical coma este. E aínda menos que esta transformación extrema se leve a cabo cunha precipitación de tal envergadura que ata se prescinda de aderezar a súa presentación cun gran feixe de explicacións que tenten, cando menos, poñerlle pes e cabeza a semellante revirivolta, ó inicio dun máis que probable novo espiral de enganos.

Zapatero e o seu goberno mantiveronse impasibles durante meses ante as alarmas que se ían disparando e agora, nin sequera por vontade propia senón obrigado pala presión internacional e polo medo non a contaxiarnos da situación grega senón a converternos noutra Grecia, arremete contra todo e contra todos (especialmente contra os que menos teñen) cun paquete de medidas que ninguén comparte e que todos consideran que non serán as máis axeitadas para arranxar a grave situación á que nos levou e que probablemente non sexan nin sequera suficientes para amañar a desfeita.

Agárdannos meses moi difíciles. En eso si que ten razón Zapatero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog