Feijóo critica a Martiño Noriega por apoiar as manifestacións a favor dos okupas

Acúsao de ser "tivio e ambigüo" e recoméndalle que “non faga guiños de comprensión cos que agreden aos demais”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/06/2017 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

A manifestación contra o peche do local de Escárnio e Maldizer en Santiago aínda segue dando que falar. Este mesmo mércores, unha semana despois da operación policial que acabou selando este centro do casco vello compostelán e dos disturbios e cargas policias nunha manifestación posterior, Feijóo volveu acusar ao rexedor da capital galega de ser “tibio e ambigüo” por apoiar a este colectivo.

Incidentes na manifestación polo desaloxo da okupa Escarnio e Malidez
Incidentes na manifestación polo desaloxo da okupa Escarnio e Malidez | Fonte: galizacontrainfo

Preguntado pola Voz de Galicia sobre a nova manifestación de apoio ao colectivo okupa que terá lugar esta fin de semana, o presidenta da Xunta cargou contra Noriega. “Hai que rematar coa tibieza e que se diga que Santiago está en contra destas manifestacións”, respondeu Feijóo.  “A xente está en contra destas manifestacións e de que se agredan a funcionarios”, engadiu. 

O xefe do Executivo galego volveu insistir nos argumentos esgrimidos hai días, cando dixo que el estaba de parte das forzas de seguridade. “Os policías fixeron o que o xuíz mandou”, dixo ao suliñar que o que fixeron, ao pechar un local social, foi “en cumprimento dunha orde xudicial”. “E se fan o que un xuíz manda non poden ser maltratados e agredidos”, engadiu.

Neste sentido, volveu criticar a Noriega pola súa “tibieza”. “Ante situacións así non pode haber guiños de comprensión cos que agreden aos demais porque é un menoprezo ao traballo dos funcionarios públicos”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 balbino

Incríble como está a traballar o PP para ás municipais, dun abuso policial visto por toda a veciñanza empregan os seus medios de desinformación para rañar votos, o que nos queda daquí ás municipais. Martiño, Lores, Xulio e Jorge o que vos espera ... vaisevos analizar con lupa cada movemento e sairedes nós medios por respirar e moitos votantes picarán e compararán estupideces e "erros" normais ná xestión con corrupcion e roubo. La Voz e o PP xa comenzarón o asalto ás alcaldías cós nosos cartos

1 Veciño

Son veciño, e non vin abuso policial.

2 Balbino

Xente inconsciente , centos de puntos de sutura, feridas... Anímate a mirar os vídeos inclusive os das tv mercadas polos gobernos s ver quenes son os que baten en quen

1 Abelardo X del Caño Varela

Non lle fagades caso, cando compartíamos sindicato (AFICA) xa tiña estos puntos en "off" como si o cerebro desconectara......Non ten importancia.....