Soidade

A aprobación in extremis do decreto lei sobre o recorte do gasto, o xa coñecido coma decretazo, deixou claro que ninguén cree en José Luís Rodríguez Zapatero.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 01/06/2010

Comparte esta noticia

A abstención dalgunhas forzas políticas, que antepuxeron o interese propio ó común (actitude que deberán explicar ós seus militantes e á cidadanía en xeral pola incompatibilidade de defender e acusadar a un tempo), permitiralle seguir adiante co seu recorte de dereitos sociais, pero xa non cabe dúbida de que Zapatero está aillado e solo.

Ata algún socialista de relevancia atrévese a dicir en público o que moitos recoñecen en privado: as súas decisións (impostas, improvisadas e inxustas) están o causar un dano irreparable para o país (e para o seu propio partido).

O que principiou sendo un ruxe ruxe, defendido en solitario polo Partido Popular, é un clamor xeralizado: O presidente do goberno é o principal problema da economía española e un lastre moi pesado para sequera otear unha nimia recuperación a corto prazo. A convocatoria de eleccións xerais non é xa unha discusión acotada á lexítima disputa partidista, é unha necesidade, unha saída (creo que a única) a este pozo negro que non ten fondo.

Esa soidade e esa debilidade parlamentaria é tan inmensa que ata difumina esa penosa imaxe á que asistimos atónitos nestes últimos días: as continuas contradiccións nas que incurrían os vicepresidentes, as rectificacións drásticas nun puñadiño de horas, as versións paralelas e antagónicas sobre esas rectificacións que se facían no discurrir polos pasillos…

E acecha sombría outra batalla, a amenaza de (tentar) aprobar, tamén vía decreto, a necesaria reforma laboral.

Ninguén está contento e eso que os efectos do decretazo e da suba de impostos aínda non se fixeron notar.
Os partidos políticos dixéronlle moi clariño a Rodríguez Zapatero que, se realmente quere axudar, recolla o seus bártulos e se vaia. Agardo que entenda a mensaxe e non espere a que llo esixan na rúa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog