Claridade

Por X.M. Barreiro | | 16/06/2010

Comparte esta noticia

José Blanco, antes de ser ministro, proclamábase garante das obras que Fomento estaba a acometer ou tiña aínda pendente de executar na provincia de Lugo, a verdade sin moito éxito pola súa parte. Cando se fixo cargo do ministerio, non só mantivo os compromisos no que atinxe ás grandes actuacións en infraestructuras como autovías e a propia chegada do AVE senón que asumiu algúns outros.

Pero chegou o día no que o Sr. Blanco subiuse á palestra do parlamento para anunciar que o seu ministerio ía acometer un drástico recorte inversor que conlevaría tamén un retraso na execución das obras, incluso das xa iniciadas.

Non se trata de dubidar da palabra dada do noso conveciño, o propio presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo dixo confiar nela en todo o que atinxe ó denominado Pacto do Obradoiro. Pero, aínda así, o certo é que o ministro Blanco segue a prodigarse moito por esta a súa provincia pero onde antes había moitísimas verbas, agora hai excesivo silencio. Evita agora dar detalles sobre o cumprimento de prazos e orzamentos e a repercusión que na nosa provincia terá ese plan de racionalización e reaxuste que vai acometer no seu ministerio.

No concello de Lugo e na propia Deputación, entre outras administracións locais, adoptouse por unanimidade o acordo de instalo a que nin os recortes nin os retrasos afecten ás actuacións previstas na provincia. Lugo non pode permitirse máis retrasos nunhas obras imprescindibles para a súa vertebración e moitas das cales, hai que telo presente, xa tiñan que estar operativas ou a piques de entrar en servicio. A preocupación é evidente e lóxica.

Non estaría de máis, para tranquilidade de todos, que José Blanco nunha das súa continuas visitas á provincia abandoara o seu mutismo é nos clarexara o antes posible en qué medida nos vai afectar ós lucenses os recortes previstos. Que explicite, para que non haxa ningún xénero de dúbidas e argumentos que conviden á especulación, cales son, neste intre e dadas as novas circunstancias, as prioridades do seu ministerio.

A falla de información sobre o alcance da reducción orzamentaria denota certa improvisación. Esta imprecisión suscita, ademais, alarma na cidadanía en xeral, nas administracións, que directa ou indirectamente se verán afectadas, e incluso nas empresas adxudicatarias que, en función dos detalles que se desprendan dese plan de axuste, veranse máis o menos perxudicadas.

A ninguén se lle escapa que a cancelación ou demora destas obras, pola súa magnitude e cuantía orzamentaria, repercutirá nas previsións económicas das adxudicatarias ou aspirantes a selo e, por extensión, na dimensión das súas plantillas.

A claridade, en definitiva, será ben recibida por todos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog