“República e ruptura”, lema de Anova para o Día da Patria

A formación política celebrará unha romaría popular o 25 de xullo en Compostela para facer balance do curso político e avanzar liñas de actuación dos próximos meses.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2017 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

Anova presenta "República e ruptura" como lema para o Día da Patria, nun 25 de xullo no que celebrará unha romaría popular en Santiago de Compostela para facer balance do curso político e avanzar liñas de actuación dos próximos meses.

Antón Sánchez e Xosé Manuel Beiras.
Antón Sánchez e Xosé Manuel Beiras.

Ademais desta cita, que estará encabezada polo portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez (13,00 horas no parque de Galeras), haberá unha xornada previa, o 24 de xullo, para analizar a unidade popular e os procesos constituíntes, que terá lugar na Facultade de Filosofía de Compostela.

Alianzas políticas de Anova, así como forzas de esquerdas soberanistas e independentistas vascas e catalás debaterán sobre ideas como república, ruptura democrática e procesos constituíntes.

Antón Sánchez foi elixido portavoz nacional de Anova o pasado mes de marzo en substitución do histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega, quen deixou apartado o seu posto de coportavoz para centrarse na Alcaldía de Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

6 Eu mesmo

Aviso: Non dí o comunicado que a xornada previa será no despacho do Decano da facultade de filosofía.

5 Sesees

slogans dos políticos. De sempre os tiver on

4 Fada-lobo

Gustame a camiseta de Anton. A verdade e que os dous teñen un look mais favorecedor que os alcaldes do recambio. Quedo a espera dos insultos habituais dos de sempre e o alcume machista.

1 Fada-lobo

A ver, aquí entre nós, teñen mellor presenza, carisma e intelixencia... E dígoo sen sorna. O nacionalismo galego perdeu, porque a deriva tomada claramente favoreceu ás forzas non nacionalistas integradas nas Mareas, a dous políticos de grande valía. Perdeu ademais a acreditada honradez e valentía de Beiras. Un deses galegos que nin estivo nin estará nunca na escaleira. E creo que que o diga eu, que sabido é non teño ningunha simpatía mareante é moi significativo. Outra cuestión é a dos adoradores de Beiras... Pero hoxe non é o momento para isto. Mágoa que se romperan todas as pontes... Oxalá houbese forma de reparalas, agora que as máscaras van caendo... Quizais con menos egocentrismo e máis perspectiva histórica sería posible. De ser así, eu serei a primeira en estar.

3 John McNamara

República.....española. Ruptura....co Bloque

2 Per

Ruptura do Bloque(conseguido),,,Republica de ..... non especifican.