“República e ruptura”, lema de Anova para o Día da Patria

A formación política celebrará unha romaría popular o 25 de xullo en Compostela para facer balance do curso político e avanzar liñas de actuación dos próximos meses.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2017 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

Anova presenta "República e ruptura" como lema para o Día da Patria, nun 25 de xullo no que celebrará unha romaría popular en Santiago de Compostela para facer balance do curso político e avanzar liñas de actuación dos próximos meses.

Antón Sánchez e Xosé Manuel Beiras.
Antón Sánchez e Xosé Manuel Beiras.

Ademais desta cita, que estará encabezada polo portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez (13,00 horas no parque de Galeras), haberá unha xornada previa, o 24 de xullo, para analizar a unidade popular e os procesos constituíntes, que terá lugar na Facultade de Filosofía de Compostela.

Alianzas políticas de Anova, así como forzas de esquerdas soberanistas e independentistas vascas e catalás debaterán sobre ideas como república, ruptura democrática e procesos constituíntes.

Antón Sánchez foi elixido portavoz nacional de Anova o pasado mes de marzo en substitución do histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega, quen deixou apartado o seu posto de coportavoz para centrarse na Alcaldía de Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

1 O Repunante

¿Por que non teñen a valentía de tentar encher o Obradoiro ou outra praza de superficie semellante á Quintana como ven facendo o BNG un ano tras outro? ¿Por que se van a un recuncho tan apartado do centro da capital? ¿Será para que a xente non visualice o seu fracaso á hora de convocar? Xa o respondo eu: porque non teñen bases, e polo mesmo non teñen FUTURO. Poderán ter apoios de forzas estatais e dos medios, pero a medio prazo son un partido político morto.

1 nostrus

Todo o nacionalismo esta condenado ao fracaso e a seguir laiandose eternamente. Por certo,¿república????, pois ahi esnáfrase o pensamento nacionalista anclado a cultura galega ¿cando en Galicia houbo unha republica?. Xa sei que o nacionalismo non é coherente."Republica e ruptura"; só lles falta engadir mala fe. Nacionalismo non, gracias.

2 John McNamara

Nostrus, que peaso intelestual eres....homiño, descansa ese serebro.

3 Fada-lobo

A ver... http://elpais.com/diario/2006/07/30... http://elpais.com/diario/2010/06/27... Agora eu pensaba que estes ían máis na liña de recuperar a ORGA... Vaites, pregúntome eu: e a quen lle tocará ser o sucesor de Casares Quiroga... En fin, hai hintelectuais de haltura nesta terra para responder a esta cuestión... Ou xa a tiñan respondida previamente... Chi lo sa? Ou era "piensa mal y acertarás"... E que me confunde a noite, ata coñezo a un dos do meu peculiar "club de fans" seica. http://blogs.elpais.com/papeles-per...

4 Mentira blocalla

O Bng nunca enche a Quintana. Nunca. Un tercio da praza ocúpao o escenario, despois os futuros liberados eternos de Paliza Boba ocupan un bo anaco cunha bandeira xigantesca, e como aínda quedan ocos, o servizo de orde upegallo coloca á xente nas escaleiras para que pareza que está cheo. Non enganades a ninguén, farsantes.