O editor culpa ao xerente do feche de Vieiros

Día negro para a internet galega. Lois Rodríguez, editor do diario dixital Vieiros, anuncia o seu feche definitivo o 25 de xullo. O Día da Patria Galega tamén pechará a rede social Chuza!, anunciou o seu webmaster Berto Yañez.

Por Walter Burns | | 24/07/2010 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

Dúas baixas para a información en galego na Rede que chegan meses despois da defunción de Gznación, o dixital próximo a UPG. A fin destes medios revela até que punto é fonda a crise nos medios, especialmente naqueles que non contan co apoio do actual poder político.

No caso de Vieiros, o seu creador responsabiliza en gran medida do feche a Oscar Martínez, antigo xerente do diario e da súa empresa xemelga, Acordar Comunicación.

Crise tras a marcha do bipartito do poder

“En xuño de 2009, nunha situación de aparente bonanza económica no seo das dúas empresas, unha auditoría externa desvelou irregularidades económicas e administrativas de extrema gravidade, cuxa responsabilidade foi asumida por escrito polo daquela xerente e apoderado das empresas, Óscar Martínez, quen terá que responder diante da xustiza”, escribe o editor nunha carta aberta.

Despois da auditoría comezaron os despedimentos tanto en Vieiros como en Acordar Comunicación en Internet, empresa que financiaba o diario mediante a realización de páxinas web. Durante o bipartito as encargas foron numerosas, sobre todo contratos de administracións gobernadas polo BNG, e o grupo chegou a contar cuns 31 traballadores.

Os despedimentos iniciais foron 10, segundo denunciaron o Sindicato de Xornalistas e a CUT, que reclamaron á compañía un plan de viabilidade o verán pasado. Con todo, o burato nas contas da empresa obrigou ao editor a primeiro fechar Acordar Comunicación, mantendo Vieiros grazas ao esforzo do seu reducido cadro de persoal, que tipo que soportar longos meses ser recibir un peso do seu salario.

Un medio histórico

Durante esta crise foron varios os traballadores que pediron a Rodríguez que denunciase ao ex-xerente, opción que o editor descartou malia que hoxe indica que finalmente levará o caso aos tribunais.

En todo caso, é innegábel que todas as persoas que colaboraron nese medio gañaron para Vieros un lugar na historia do xornalismo en galego. Foi o medio no que milleiros de galego comezaron a informarse por internet. A todos eles, o recoñecemento do equipo de Galicia Confidencial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

6 David

Me descojono ampliamente. Y eso que decían que los del BNG no robaban. No, que va, lo de la pasta no va con ellos. Trabajan gratis y por amor a Galiza, JA,JA,JA,JA....

1 Goliath

Pero eso no te puede molestar si eres pepero, ya sabes cual es vuestra especialidad respecto a los medios de comunicación (Santa Subvención) o respecto al dinero público (Santa Adjudicación y Santo Enchufe, además de los Mártires Cohecho, Aumentodepatrimonio y Trinque). Eso sí que es para descojonarse, pero la doble moral es lo que tiene.

2 David

No me gustan las subvenciones. No se nada de adjudicaciones. Nunca he tenido ningún enchufe. Y de lo demás tampoco se nada. Aunque no lo creas, y no tienes datos para negarlo, vivó de mi trabajo, y cuanto más lejos esté de políticos y funcionarios mucho mejor.

3 Goliath

ni tu ni nadie del PP, claro, no estamos hablando de tí, el mundo no termina en tu ombligo. Pero los tuyos son así, aunque para disculparlos uséis la primera persona. Y sí, cuanto más lejos de esos incompetentes(alguno en los tribunales) como los que desgobiernan la Xunta, mejor

5 Rafa

ja,ja...me río yo de tus explicaciones. En Galicia está uno de los mejores periódicos de España con las mejores plumas y colaboradores de la región pero a vosotros no os vale, no. Vosotros sólo quereis medios nazionalistillas para publicar infundios y mentiras como hace esta web que espero que también le quede poco tiempo.

1 Xurxo Salgado

Grazas a que este medio é libre podes comentar o que comentas. Ás veces faltandolle o respecto á xente. Aínda así manteñense os teus comentarios. Esa é a diferencia que marca a existencia e a supervivencia dos medios: a pluralidade e a liberdade de expresión. Precisamente, por ser plurais e por tentar contar as cousas que outros cínicamente calan fechan medios históricos. Unha verdadeira mágoa. O meu apoio ao equipo e ao editor de vieiros.

2 A.Leyenda

Se esperas que lle quede tan pouco tempo poderías comezar por non entrar nela e non aumentar o número de visitas e de comentarios, dous dos factores que fan crecer a un medio como este. Pero xa se sabe, a dobre moral do nacionalcatolicismo. Este confidencial de nacionalistas esquerdentos é un perigo para a saúde mental da cidadanía, pero é inevitable entrar nel a ver que se conta. Coma é deleznable o aborto, pero Dios me libre de que la gente se entere de que mi hijita de 16 años, tan virtuosa ella, se quedó embarazada. Así que mellor abortar, pero pola porta de atrás.

3 saña

Xa estivo moito mellor La Coz, pero haber que fscer un derradeiro esforzo e sacarlle osixeno, ou sexa non mercalo e facer que mais xente nono merque e desenmascarar as suas andromenas e airear os seus farrapor suzos, que os ten ben suzos,

4 Provinciano

Pois non sei para que queren estes de la region gallega un periodico, con lo bien que estan los de Madrid, además ahorrariamos un monton de dinero subvencionando un periodico en la region, mejor invertirlo en la capital de España, y no en provincias.

4 petopitopato

iso para que aprendamos a usa-las mesmas artes que pp e psoe: manteñen os seus medios con subvencions, acordos publicitarios e institucionais, licencias de radios e tv´s... cadaquén ten a súa acorazada mediática... e despois, entre a esquerda e mais entre o nacionalismo somos tan parvos e pailans que ate acabamos por tirar pedras contra o noso propio tellado. Na goberno da anterior Xunta a política de comunicación tiña que ir dirixida a fortalecer todos estos medios que tanto tempo, traballo e esforzo adicaron a manteñer unha información independente centrada nos intereses nacionais... e nos, os lectores, tiñamos que apoiar que iso sucedese así... sen complexos... pero somo así, extendemos as insidias dos media establecidos e ainda recelamos de que os máis próximos crezan... o can do hortelán...

3 Telegaita

E mentres a Xunta a despilfarrar na rtvg. Millóns e millons aínda que a audiencia caera á metade de hai dous anos. Pero hai que manter a Gayoso e Piñeiro ¿Cánto levan gañado estes dous GRANDES artistas nos 25 anos da TVG? Moitos millóns de euros.

1 David

Vaya, pero si Piñeiro es de los vuestros. Eso digo yo, que pinta un medio bloqueiro - o bloqueiro completo, depende del día - en la Telegaita si gobierna el PP. Solo es por provocar un poco. Lo mejor que se podía hacer con esta televisión era privatizarla, o desparecerla si no la quiere nadie. Ni un euro de los gallego para este pozo sin fondo al servicio del político de turno

2 Pedro

Non entendo moi ben por qué hai xente que se escandaliza das "axudas" a La Voz de Galicia e ao mesmo tempo lles parecía boa cousa a cascada de cartos que lles achegaron a Acordar e Vieiros desde as consellerías do BNG, moitas veces de formas mais ben escuras. Actuacións caciquís como esas provocaron en parte o rexeitamento electoral do bipartito. A miña solidariedade cos traballadores, pero por min a empresa pode ir rañala.

1 Gonzalo

Sí home, éche exactamente o mesmo: La Voz del que manda (y paga) só recibe as subvencións de millón en millón(s), e en centos de miles de euros (todo eso acumulable, claro), as que dis ti nin se comparan, e ademáis, eran a medios que usan só o galego, un dos (teóricos) motivos de tales subvencións. Estamos?

2 EscandaloEsunEscandalo

Home Pedro, eu escandalizome por 2 cousas. Unha porque La Voz a utiliza o seu dono para machacar a quen non lle entra polo ollo a ese señorito ou lle quita negocio a el ou aos seus amigotes, xa caseque non se trata que sexa do PP, que mais ben é Jacobino, senon que é un autentico escandalo o uso dese chamado medio de comunicación por parte de don Santi (lembremos a bronca que Santi botou nun clube de golf, segundo din algo chispa e en plan chuleta). A segunda cousa é porque despois dunha campaña electoral do mais suxo que vin ultimamente, La Voz recibiu en menos de 2 anos do goberno que axudou a poñer na Xunta (segundo din, Santi brindou en Sabon por este exito cos seus mariachis mais achegados) algo mais de 5 millons de euros entre pitos e frautas (por pago ao servizo?). Creo que o montante que Vieiros obtivo en total de axudas e subvencions nos 15 anos que estivo aí non chega nin á decima parte . enfin..