O editor culpa ao xerente do feche de Vieiros

Día negro para a internet galega. Lois Rodríguez, editor do diario dixital Vieiros, anuncia o seu feche definitivo o 25 de xullo. O Día da Patria Galega tamén pechará a rede social Chuza!, anunciou o seu webmaster Berto Yañez.

Por Walter Burns | | 24/07/2010 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

Dúas baixas para a información en galego na Rede que chegan meses despois da defunción de Gznación, o dixital próximo a UPG. A fin destes medios revela até que punto é fonda a crise nos medios, especialmente naqueles que non contan co apoio do actual poder político.

No caso de Vieiros, o seu creador responsabiliza en gran medida do feche a Oscar Martínez, antigo xerente do diario e da súa empresa xemelga, Acordar Comunicación.

Crise tras a marcha do bipartito do poder

“En xuño de 2009, nunha situación de aparente bonanza económica no seo das dúas empresas, unha auditoría externa desvelou irregularidades económicas e administrativas de extrema gravidade, cuxa responsabilidade foi asumida por escrito polo daquela xerente e apoderado das empresas, Óscar Martínez, quen terá que responder diante da xustiza”, escribe o editor nunha carta aberta.

Despois da auditoría comezaron os despedimentos tanto en Vieiros como en Acordar Comunicación en Internet, empresa que financiaba o diario mediante a realización de páxinas web. Durante o bipartito as encargas foron numerosas, sobre todo contratos de administracións gobernadas polo BNG, e o grupo chegou a contar cuns 31 traballadores.

Os despedimentos iniciais foron 10, segundo denunciaron o Sindicato de Xornalistas e a CUT, que reclamaron á compañía un plan de viabilidade o verán pasado. Con todo, o burato nas contas da empresa obrigou ao editor a primeiro fechar Acordar Comunicación, mantendo Vieiros grazas ao esforzo do seu reducido cadro de persoal, que tipo que soportar longos meses ser recibir un peso do seu salario.

Un medio histórico

Durante esta crise foron varios os traballadores que pediron a Rodríguez que denunciase ao ex-xerente, opción que o editor descartou malia que hoxe indica que finalmente levará o caso aos tribunais.

En todo caso, é innegábel que todas as persoas que colaboraron nese medio gañaron para Vieros un lugar na historia do xornalismo en galego. Foi o medio no que milleiros de galego comezaron a informarse por internet. A todos eles, o recoñecemento do equipo de Galicia Confidencial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

1 noia

vanse dous dos nosos cando máis falta facían