Temas: LORES PONTEVEDRA

En Pontevedra haberá touros malia 100.000 firmas en contra

O Concello, oposto en teoría as touradas, non pode prohibir a lidia pero apoia á empresa propietaria da praza mediante un convenio de colaboración para alugar o recinto noutros eventos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2017 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

Un total de 103.000 persoas subscribiron a petición da plataforma Change.org en contra da feira taurina de Pontevedra, única cidade galega con praza de touros.

Corrida de touros
Corrida de touros | Fonte: Europa Press

As asociacións animalistas Libera e Galica, Mellor Sen Touradas axuntan esforzos para acabar coa tauromaquía en Pontevedra, como xa ocorreu na Coruña ou en municipios como Sarria (Lugo) e Padrón (A Coruña).

Os colectivos abolicionistas, tal e como sinalaron nun comunicado, reclaman a supresión das axudas públicas xa que, aseguran, "A Coruña e Pontevedra malgastaron decenas de miles de euros" nesta actividade a través das deputacións provinciais.

En calquera caso, Pontevedra converteuse nun "obxectivo a bater" para as asociacións animalistas, que buscan agora un cambio lexislativo que permita que sexan os municipios os que poidan autorizar ou non un evento tauromáquico.

Temas: LORES PONTEVEDRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

14 Guillerme Gintonic

Moitas grazas BNG. Que opinará a Kollona de Lugo ?

13 Allariz torturador

Pasear o boi, di o de Galiza Nova. Gustaríache a tí que che arrastrasen polas rúas do teu pobo agarrado cunha corda polo pescozo, mentres que uns cuantos animais danche paus?

1 Cheira te pega

Quen lle da paos ao boi home. E logo van os de Cheira á festa esa.

12 Ana

Triste argumento dos lacaios do BNG: "os das Mareas de Podemos tamén". Xa non se preocupan en disculpar o seu noxento apoio á empresa promotora dos touros, abóndalles con despistar... Fume para enmascarar o cacicato do Lores en Pontevedra. Lástima de bois castrados e amansados por España!

1 AGS

Tamén non. Os das Mareas de Podemos si, subvencionan en España e en Galiza piden que se subvencionen pola vía de "prazas de touros portátiles". E calan cando saben que o BNG lle quitou as subvencións no concello e na deputación.

2 M. Meixide

Mintes con descaro bloqueiro: http://mareapontevedra.org/marea-in... http://mareapontevedra.org/marea-po... Foi o BNG e o PP os que permiten seguir co convenio e cos touros en Pontevedra. Feitos e votos comprobados no pleno do concello. Non hai como tapalo: 48.000 euros dos pontevedreses para os promotores dos touros.

11 Touradas en Vistalegre

Se tanto protestan???? Por qué Podemos-Marea non leva o congreso a prohibición desta barbarie, non o levan porque defenden a festa nacional e é mellor sacar rédito político e inventar unha mentira dicindo que o arrendamento dunha praza para espectáculos e demais e fomentar a tauromaquia, tranquilos que só enganados a catro "espabilados".

1 cotobade

Podemos son españois, non enganan a ninguen. E as Mareas a sua sucursal. E o BNG? Iso, falame do BNG: Colaborando co nacionalismo español, que sodes? Mantendo a Carmela Silva, como no seu momento fixestes con Caballero, que sodes? Queimamos as hemerotecas: Miguel Filgueira concelleiro do BNG defendendo as touradas? Quen minte? Quen tapa? Onde estabas ti cando Miguel Filgueira defendia abertamente as touradas? Desfrutando cun viño español e unha tapa de rabo de touro a saude do nacionalismo farsante do BNG? Bon proveito, que tragadeiras tedes!

2 La pastillita loqui

Onvre loquito otra vez que había que dejar a Louzán eh te enchufó Louzán o te gusta su melena? Filgueira no repitio y a los toros les quitaron las suvenciones para disimular claaro loquito

3 cotobade

Pastillita bloquerita, as axudas a Lozano non llas quitaron (tus lores querido te les dan 48.000 euros, mantiendes?), e Miguel Filgueira caeu logo de repetir e aburrir, sabida e propandeada a sua afeccion, despois de "Miguelito, se fuerte", que lle cantaba Lores, non foi o BNG quen o puxo na picota e o quitou (como tampouco son os do PP os que fan limpeza e retiran corruptos). Enchufar, diso ti sabes, enchufa Carmela Silva, a que ti apoias pastillita bloquerita españolizada ate levar ao suicidio o BNG en Vigo. Todo pola pasta.

10 stop lixo español