Temas: LORES PONTEVEDRA

En Pontevedra haberá touros malia 100.000 firmas en contra

O Concello, oposto en teoría as touradas, non pode prohibir a lidia pero apoia á empresa propietaria da praza mediante un convenio de colaboración para alugar o recinto noutros eventos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2017 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

Un total de 103.000 persoas subscribiron a petición da plataforma Change.org en contra da feira taurina de Pontevedra, única cidade galega con praza de touros.

Corrida de touros
Corrida de touros | Fonte: Europa Press

As asociacións animalistas Libera e Galica, Mellor Sen Touradas axuntan esforzos para acabar coa tauromaquía en Pontevedra, como xa ocorreu na Coruña ou en municipios como Sarria (Lugo) e Padrón (A Coruña).

Os colectivos abolicionistas, tal e como sinalaron nun comunicado, reclaman a supresión das axudas públicas xa que, aseguran, "A Coruña e Pontevedra malgastaron decenas de miles de euros" nesta actividade a través das deputacións provinciais.

En calquera caso, Pontevedra converteuse nun "obxectivo a bater" para as asociacións animalistas, que buscan agora un cambio lexislativo que permita que sexan os municipios os que poidan autorizar ou non un evento tauromáquico.

Temas: LORES PONTEVEDRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

4 Una Grande Cagada

O Bloque, franquía do PsoEspañolisimo na rexión noroeste, fai o que lle mandan: Fiesta Nacional y olé! Si, xa o sabemos, as Mareas de Podemos, se os deixan, tamén..., pero aquí falamos do BNG!!! Lores, segue engordando a conta da familia Lozano, promotores da barbarie. Son feitos! Como o do concelleiro pro-taurino que mantivo varias lexislaturas, bocazas e orgulloso do goce maltratando animais que sofren! Ou colocando de cabeza de cartel das festas da Peregrina ao principe do facherio españolista, Bertín Osborne! E para os mozos, en castellano, Los 40 Principales, negociado da mafia Ser-Prisa-PSOE! Feitos do BNG! Hai que roelo!

1 Te tomastes la pastillita

Y les quito las subenciones para disimular loquito

3 comunista independentista

Agora que muden tamén o nome: Bloque Nacionalista Español y olé.

1 Comunista de Botín

Claro meu e vos tedes que celebrar as misas podemitas nunha praza de touros portátil e non na de Vista Alegre

2 Allariz

Que aprendan de como torturamos os bois no cacicato upegallo

1 Ben campeón

Faltaba o mareante comparando pasear un animal con clavarlle espadas e lanzas

1 comunista dependentista

O mellor é o que din os mareantes: alugar prazas de touros portátiles para os outros eventos. Sae algo máis caro ás arcas públicas pero asi non se apoia aos empresarios propietarios de prazas de touros (non portátiles). Mentres podemitas e iu seguirán apoiando touradas por España adiante y olé

1 Bng españois

Si, veña. Botade balóns fóra. Que o concello máis imposrtante dos que goberna o Bng sexa un paradigma de españolismo rancio vai ser culpa das mareas. Claro, claro...