Temas: LORES PONTEVEDRA

En Pontevedra haberá touros malia 100.000 firmas en contra

O Concello, oposto en teoría as touradas, non pode prohibir a lidia pero apoia á empresa propietaria da praza mediante un convenio de colaboración para alugar o recinto noutros eventos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2017 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

Un total de 103.000 persoas subscribiron a petición da plataforma Change.org en contra da feira taurina de Pontevedra, única cidade galega con praza de touros.

Corrida de touros
Corrida de touros | Fonte: Europa Press

As asociacións animalistas Libera e Galica, Mellor Sen Touradas axuntan esforzos para acabar coa tauromaquía en Pontevedra, como xa ocorreu na Coruña ou en municipios como Sarria (Lugo) e Padrón (A Coruña).

Os colectivos abolicionistas, tal e como sinalaron nun comunicado, reclaman a supresión das axudas públicas xa que, aseguran, "A Coruña e Pontevedra malgastaron decenas de miles de euros" nesta actividade a través das deputacións provinciais.

En calquera caso, Pontevedra converteuse nun "obxectivo a bater" para as asociacións animalistas, que buscan agora un cambio lexislativo que permita que sexan os municipios os que poidan autorizar ou non un evento tauromáquico.

Temas: LORES PONTEVEDRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

9 wfBN

Hai que coñecer a psicoloxia servil dos bloqueiros, como en portugal hai algún sitio onde matan touros, aquí tamén, proximamente especial no Sermos portugal. http://www.dn.pt/sociedade/interior...

8 Touradas ilegalización

Hai que ilegalizar dunha vez esa barbarie, propia de séculos pretéritos...

7 Balbino

Cada cual mellor có anterior, é mellor alugar prazas de touros portátiles a "espectáculos taurinos, s.a." ou alugar a praza de touros de vistalegre para as asambleas, ou directamente criticar as touradas en Galicia pero apoialas no resto do estado español. O BNG o único partido que lle quitou todas as axudas e apoios ás touradas, esa é a realidade, existe unha instalación na cidade que se emprega para actos lúdicos , eventos deportivos e espectáculos, e simplemente terra rodeada de asentos, onde está a financiación as touradas??? Os donos da praza no a alquilarían para as touradas se non gañasen cartos. Seguide difamando mareados e despois ide a vistalegre cos vosos amigos taurinos a adorar o voso líder. Que alguén explique onde está a financiación as touradas en alugar unha instalación por favor

1 cotobade

Premio Balbino! Sen querer, sen esforzo segues na iñorancia e facendo parvos aos demais, cando hai unha conclusion certa: as touradas dan perdas en Pontevedra, non son sostibles, grazas aos cartos que entrega Lores, o alcalde modelo do BNG, a empresa promotora das touradas en Pontevedra pode manter a barbarie. Logo Lores, o alcalde vitalicio do BNG, fai que a empresa taurina de Pontevedra sexa viable economicamente. Podes poñerlle azucre para que che sexa mais doce de tragar! E Podemos? A min que me contas da copula e da cupula da Complutense. Falamos de Pontevedra e do nacionalismo falsario do BNG!

2 Leirachá

Balbino, ti que tanto sabes, quen xestiona a praza de touros de Pontevedra? Hermanos Lozano, verdade! Quen trae os touros a Pontevedra? Hermanos Lozano, certo! A quen paga o Concello de Pontevedra? Hermanos Lozano, é público! Colaboradores necesarios ou nacionalistas galegos renegados, que sodes os do BNG? Tan críticos coa palla no ollo alleo e incapaces de sentir a viga no propio! Xa abonda de impostura!

6 cotobade

So un comentario: BNG español. E punto.

5 Leirachá

A estupidez dos taparabos do BNG é proporcional á metedura de zoca dos comandantes da UPG: a máis burrada maior xustificación. "Precisamos praza", "hai que alugala", "sen praza non hai festa"... Acontece que hai feiras e festas históricas en Betanzos, Ribadavia, Baiona, Monforte, Lugo, Noia, Salceda, Corcubión, Gondomar, Mondoñedo, Pontedeume... Pra que seguir, todas sen praza alugada, fixa nin portátil, nin rabo de gaita tocada pola UPG!

1 Balbino

Acontece que nesas localidades non hai tal instalación, non cabe na cabeza de ninguén con dous dedos de frente non empregar tal instalación no centro da cidade para os diferentes eventos que se fan, as vosas explicacións son pq si é punto. Explicade onde está tal financiamento e pedide explicación a vosos amigos de podemos e IU que apoian abertamente o maltrato animal.

2 Ola loquito

Te tomastes la pastillita portátil de vuestras plazas de toros portátiles rebeldes loquito