Temores que xa son feitos

Hai xeitos moi distintos de gobernar e hai maneiras frontalmente opostas de asumir as responsabilidades que conlleva o exercicio desa acción de goberno.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 28/07/2010

Comparte esta noticia

Díxeno xa en numerosas ocasións, así que principio pola conclusión: o ministro de Fomento e deputado por Lugo José Blanco non cumple a súa palabra, non cumple os seus compromisos con esta a súa provincia; o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo si o fai. Estamos en crise e o control do gasto convétense en obrigado, pero cal é a razón entón de que a Xunta de Feijoo esté a acometer as obras comprometidas e Fomento ou o goberno de Zapatero, non?

Ós feitos me remito. Lugo é a única provincia galega na que o Ministerio de Fomento, anula obras xa adxudicadas, e a máis perxudicada polos recortes aplicados.

Hai un par de semanas, neste mesmo foro, amosaba as miñas dúbidas sobre a credibilidade das promesas do noso conveciño. A verdade é que os precedentes xogaban na súa contra e os feitos, unha vez máis, desacreditan o valor das súas promesas. Confirmados os peores presaxios, desvelouse agora a razón do seu inusitado silencio: eran malas as noticias que tiña que comunicar ós veciños que o elexiron para representalos (e defendelos) no Congreso.

E resulta que a cancelación dos dous tramos adxudicados da autovía Lugo-Ourense non é máis que o botón de mostra. Se desgranamos o resto das obras que ten pendentes Fomento, a situación é igual de preocupante. Haberá novos retrasos, a superpoñer ás demoras que xa acumulan. Xa saben, o AVE no chegará a Lugo, polo menos nun tempo próximo no que o uso dun tren de alta velocidade supoña unha mellora reseñable; nada hai da autovía Ponferrada-Monforte; nada da autovía Monforte-Chantada; retrasos, xa a día de hoxe, de entre tres e catro anos, na autovía Lugo-Santiago e na propia Lugo-Ourense, á que tras este parón é difícil poñerlle data de inauguración; nada no tramo estatal do corredor da Costa, que, por certo, si se está a executar na parte que lle corresponde executar á Xunta.

E neste oposto proceder radica a diferencia. O hospital de Lugo, por exemplo, será realidade pese a que o bipartito deixou o edificio baleiro e nin un só euro para dotalo da equipación precisa. Está licitado o proxecto de desdobramento do tramo do corredor Nadela-Sarria e a moi bo ritmo as obras do tramo Sarria-Monforte. Aí está a actuación desenvolvida no polígono de As Gándaras, o encauzamento do vello proxecto do auditorio…

As malas novas comunicadas esta semana polo ministro Blanco levarán aparelladas outras consecuencias negativas a maiores do perxuizo que para o desenvolvemento socioeconómico da nosa provincia suporá demorar a concreción de infraestructuras básicas para a súa vertebración. O emprego, xa moi castigado pola actual conxuntura económica, tamén se resintirá destas decisións.

É preciso, por tanto, que todos, dende todos os frentes, político, social e económico, reivindiquemos, cunha soa voz, o trato Lugo merece. E dende logo a nosa provincia non pode consentir unha discriminación desta magnitude.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog