Malos tempos

Son malos tempos. E desgraciadamente as malas noticias para a nosa provincia sucédense. Recortes, sobre recortes; restas sobre restas que suman unha abultadísima amputación ás inversións que tiñan como destino Lugo.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 11/08/2010

Comparte esta noticia



Aínda imbuidos pola conmoción provocada pola “reprogramación” que está a pergeñar o ministro José Blanco, da que informa dosificadamente, intercalando novos compromisos para gañar algo de tempo, coa vana esperanza de que así se vai disipando a impresión xeralizada de que as súas promesas son flor dun día, chegou un novo mazazo.

Deputación e concellos atopanse, como a Xunta, na obriga de devolver as arcas do Estado os adiantos por transferencias percibidos no ano 2008. Algo máis de sete millóns a administración provincial, cinco máis os concellos e máis de 2.600 millóns a Xunta (incluindo neste caso as dúas anualidades), ó que haberá que engadir o que teñan que restituir a administración provincial e as locais polo ano 2009, e tendo presente que foi o exercicio no que o déficit alcanzou as cotas máis altas, será aínda unha cantidade máis abultada.

E a cousa non queda aí, porque a esta magna resta hai que sumar tamén a reducción do importe das transferencias do presente exercicio e que só para Lugo supuxeron a perda directa de outros 12 millóns de euros…

E pese a dificultade e os graves perxuizos que a devolución deste cartos, máxime neste contexto de crise, suporá para todos, nomeadamente para os concellos, cuns recursos xa de por si moi reducidos e coa capacidade de endebedamento bloqueada, o Estado persiste na súa negativa a aplazar a devolución da débeda. Unha débeda, por certo, xerada polo propio goberno central polos seus clamorosos erros nos cálculos estimativos de crecemento. Xa saben, consecuencia daquela ofuscación por negar a evidencia de que España tamén estaba baixo os efectos da alongada sombra da crise. En definitiva, serán os concellos, sen responsabilidade ningunha no asunto, os que teñan que pagar as súas equivocacións.

Zapatero e o seu goberno adícase a trasladar escalonada e inexorablemente as consecuencias da súa errónea e ineficaz política económica a todas as administracións. Os efectos vanse palpando día a día. E o último eslabón, o cidadán de a pé, que constata como se reduce o seu salario (se ten a sorte de telo) e lle suben os impostos, intúe con preocupación que as estreiteces vanse ir ampliando con máis belixerancia en todos os eidos da prestación de servizos públicos. Os concellos, a administración máis próxima ós veciños, ó que se recurre en primeira instancia ante calquer problema, están non xa en risco de afogamento senón de KO técnico inminente.

Pero os socialistas, tras gastar o que tiñan e o que non, precisan máis cartos. Pouco lles importa o clamor case xeral que as súas esixencias están a provocar e as consecuencias que delas se derivarán. A súa postura intransixente e insolidaria alonxaos aínda máis da realidade, do pulso da rúa, dos cidadáns ós que representan e polos que deberían de velar. A Zapatero e os seus ministros pouco que lles importa a ruina á que están avocando ós lucenses e ó resto de habitantes do país.

O seu apego ó sillón vainos sair moi caro a todos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog