De reprogramacións e repescas

As reflexións en alto dalgúns ministros de Rodríguez Zapatero provocan tempestades. A falla de consenso ou de criterio compartido, estupor, máxime porque, dadas as circunstancias, a improvisación, segundo quedou sobradamente desmostrado, non resulta a mellor alidada.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 23/08/2010

Comparte esta noticia

Os bandazos, aínda que, por moito que nos pese, xa se convertiron na marca da casa socialista, non deixan de sorprender e ata petrificar ó máis sosegado dos cidadáns deste país.

José Blanco, que cando non era ministro mandaba tanto como se o fora e agora que o é aspira a gobernar varios ministerios, é un experto en esto das mudanzas de opinión. Aínda non nos adentraramos no estío cando afirmou aquilo de que a dotación de infraestructuras era un exceso, que se programaba demasiada obra pública e que había que racionalizar o gasto agora que o fiasco económico ó que nos avocou o goberno do que forma parte deixara temblando as arcas do Estado. Case chegou a dicir que España tiña demasiados quilómetros de autopistas e menos mal que non tivo a ocurrencia de poñerse a picar asfalto e a reciclar vías do tren para compensar ese “exceso” de dotacións.

A cousa, mesmo no intre exacto de dicila, non tiña moito xeito, porque se alguén agotou a capacidade de prometer obras e poñer prazos foi el.

De calquera xeito e pese a todo, anunciou drásticos recortes e acuñou como propio o vocablo, tantas veces pronunciado dende entón, de reprogramación. E os camións e as grúas e con eles os operarios principiaron a recoller os seus bártulos das estradas, dos túneles, das pontes nas que estaban a traballar. E o colapso e sobre todo as consecuencias que toda esa axitación ou, para ser máis exactos, a ausencia total de movemento nas obras que antes foran prioritarias e despois xa non o eran tanto, levou o pronunciamento doutra interesante palabra: repesca.

Desta volta o responsable da posta de moda da palabra foi o presidente Zapatero. Constatouse que o goberno socialistas non sopesara, cando menos axeitadamente, os danos colaterais que ía causar a reprogramación iniciada polo Ministerio de Fomento. Xa avisou ó momento a ministra Salgado, por si alguén se levaba a engano, que a reconsideración dos recortes en marcha non ía mellorar a situación do déficit, aínda que o seu homólogo Blanco xa se subira ó carro e admitira que pasárase de freada coas restriccións impostas.

E xa metidos de cheo nos calores do verán, dando largas sobre cándo daría a coñecer a letra pequena da reprogramación que ía volverse a reprogramar, foinos dando pequenas doses de recortes e desrecortes: a autovía Lugo-Santiago, por exemplo, deslicítase nos dous tramos adxudicados e anunciase que A-8 será reactivada, lástima que o anuncio non chegara a tempo para evitar que persoal e maquinaria abandoaran o emprazamento.

Todo a pequenas doses para que non sucumbamos ó empacho, tan frecuente por outra parte nestas datas con tanta proliferación de festas gastronómicas.

Quedamos, en definitiva e á espera de nova orde, emprazados a consultar os orzamentos de 2011 para sair de dúbidas e saber exactamente en que queda a cousa e que obras recibirán o indulto ou verán rebaixada a súa pena.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog