Temas: ACCIDENTE CCOO

Denuncian irregularidades en materia de prevención de riscos laborais en Ourense

CC.OO. asegura que xa son varios os accidentes laborais nos que se teñen provocado malas prácticas sanitarias. Asegura que a empresa na que morreu un traballador en San Cibrao é un exemplo destas malas prácticas.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 24/07/2017 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

Roberto Garrido, responsable provincial de saúde laboral e prevención de riscos de CCOO en Ourense, Robero Garrido, denuncia "eivas e comportamentos irregulares" por parte dunha ampla maioría de empresas e mutuas da provincia de Ourense en materia de prevención de riscos laborais.

“O primero a destacar é o descoñecemento que teñen do artigo 156 da LGSS onde ven recollido o Concepto de accidente de traballo. Se tiveran claro dito artigo da lei, non se producirían feitos insólitos e intolerables como os que están a acontecer nas empresas”, destaca.

Entre estas irregularidades salienta que os técnicos de prevención e os mandos non son médicos facultativos que podan decidir ou diagnosticar a enfermidade ou o tipo de continxencia. Tamén que os responsables ou técnicos de prevención néganse a enviar aos traballadores/as á mutua cando se atopan mal no centro de traballo e, finalmente, a negativa a facilitar aos traballadores os partes de accidente no traballo así como o de asistencia a mutua e a n egativa das mutuas a atender os traballadores/as que, aínda sen parte de asistencia, se presentan na entidade para ser atendidos e diagnosticados.

Acciente en San Cibrao

Como exemplo, este sindicato apunta o caso da empresa FAURECIA, fabricante de compoñentes para automoción, no seu centro do polígono de San Cipbrán das Viñas, no que, desgraciadamente, o pasado 26 de maio, faleceu unha persoa.

Garrido lembra que, “poucos días despois, outra persoa, sufriu un desvanecemento e o técnico de prevención tardou mais de 15 minutos, como doutor facultado irregularmente pola mutua, en decidir chamar a mutua, e, despois de debater telefónicamente coa mutua ASEPEYO sobre a posible doenza que tiña a persoa, decidiu finalmente chamar ao 061, perdendo demasiado tempo en decidir qué facer, o que poidera ser finalmente determinante para garantir ou non garantir unha atención adecuada á situación”.

Tamén destaca un caso máis e afirma que “un par de días mais tarde, outra persoa esbarou no posto de traballo porque había aceite no chan, sufrindo un forte golpe en brazo e costas e, neste caso, esta persoa, foi pola súa conta a mutua, onde o revisaron e o mandaron a traballar, xa que lle fixeron un informe positivo, tendo que voltar ao día seguinte á mutua para que lle fixeran o informe correctamente”.

"Á semana seguinte, outra persona notou que a sua man dereita non estaba ben polo que acudíu ao servizo de prevención, onde lle dxeron que tiña algo pero vendáronlle a man e mandárono a traballar", lembra. Por iso, lamenta estas irregularidades e pide que se corrixan.

Polígono de San Cibrao das Viñas, en Ourense
Polígono de San Cibrao das Viñas, en Ourense | Fonte: googlemaps

Temas: ACCIDENTE CCOO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta