Gonzalo Caballero seguirá a súa xira polas agrupacións do PSdeG, para o que reivindica unha nova etapa "sen tutelas"

Defende que "é o momento" de "escoitar á militancia, non aos 'baróns' nin ao aparato do partido"

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2017 | Actualizada ás 20:26 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O vigués Gonzalo Caballero prevé "seguir percorrendo" agrupacións durante o verán coa intención de optar a liderar o PSdeG e a convicción de que "é o momento" de "escoitar á militancia, non aos 'baróns' nin ao aparato do partido".

Gonzalo Caballero presenta a súa candidatura a secretario xeral do PSdeG
Gonzalo Caballero presenta a súa candidatura a secretario xeral do PSdeG | Fonte: Europa Press

Así o manifestou, en declaracións a Europa Press, un día despois de que a xestora aprobase o calendario que fixa as primarias para o domingo 8 de outubro e na mesma xornada na que o deputado autonómico Juan Díaz Villoslada anunciou xa en firme que competirá por ser o novo secretario xeral socialista.

Caballero incidiu en que, pola súa banda, continuará o seu percorrido polas agrupacións, que lle levará a Lugo este venres, ata que, xa en setembro, se abra formalmente o proceso de primarias.

Ao seu xuízo, aprobouse "un calendario bastante dilatado". "O galego é un dos últimos congresos que vai haber no conxunto das autonomías do Estado e aplicarase o modelo de primarias previo ao último congreso federal, pero a clave é entender que o compromiso é da militancia, á que toca marcar un novo rumbo no PSdeG", apuntou.

"SEN TUTELAS"

"No PSdeG coñecémonos todos", continuou Caballero, quen suxeriu que parece que haberá "distintos tipos de candidaturas".

Aínda que non mencionou expresamente a de Villoslada, si apuntou que "unhas responden máis a directrices de baróns e poderes da organización que queren manter o control do PSdeG" nunha liña que afastou "" ao partido "da maioría social de Galicia".

"Por outra banda, estará a candidatura protagonizada pola militancia", manifestou, en alusión á súa liña de traballo, antes de reivindicar unha nova etapa para o PSdeG "sen tutelas" nin "manexada desde a sombra".

APOIOS EN LUGO

Un día antes de que Caballero visite Lugo, o exedil do PSOE José Luis Díaz, quen no seu día se enfrontou a José López Orozco en primarias para ser candidato á Alcaldía, reivindicou a súa figura e asegurou que confía en que "a maior parte dos afiliados da provincia apoien fortemente" ao vigués.

A súa vitoria interna, augurou, daría ao PSdeG "posibilidades" de facerse coa Xunta. O dirixente socialista afirmou que os apoios de Caballero en Lugo proceden "de todas as comarcas".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Belen

Que estratexia mais frouxa iso dos barons. Este rapaz trata a militancia socialista galega de parva. Non Gonzalo. Xa o dixeches contra Mendez e contra Susana e demostramos que non atendemos a esas normas que non paras de insistir para xustificar a tua irresponsabilidade. Desde logo, a alguen que non para de dividir o socialismo galego non vou a darlle o meu voto. Aqui non hai bos e malos. Un militante e un voto. Necesitamos unir e non dividir. Argumenta o teu proxecto e deixate de tratarnos de parvos

1 Ana

Socialismo? Será pura dereita económica con parches sociais para a galería! Galego? Será español, que é o que conta para os sucursalistas do españolismo! Mendez e Susana? Dous claros exemplos de clasismo, corrupción e pacovazquismo (la, la, la...). Villoslada é o candidato do aparato, dos que defenden participar nos oligopolios, dos da alternancia, dos baróns... Gonzalo quedouse curto! Tampouco ía dicir máis... forma parte do falsario PSOE!