Temas: AP-9 FEIJóO

A Xunta asegura que “mantén” a petición de transferencia da AP-9

Feijóo lembra que Galicia aforrará 400 millóns de euros ata 2048 nesta autoestrada polas súas xestións e asegura que, durante o bipartito, sociaistas e nacionalistas “calaban e pagaban” o que pedía Madrid.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/08/2017 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

“Que cambiou desde que o PPdeG decidiu votar no Parlamento xunto co resto dos grupos a favor da tranferencia da AP-9 ata que vostede se reuníu co ministro de Fomento e aceptou os seus argumentos para denegar esa competencia. É que antes había máis tensión territorial que agora co tema catalán?”. “Moitas cousas”, respondeu o presidente da Xunta á pregunta que GC lle fixo este xoves en relación a súa decisión de paralizar a petición de transferencia desta autoestrada.

Autopista AP-9 que vai de Ferrol á frontera portuguesa
Autopista AP-9 que vai de Ferrol á frontera portuguesa

“Os socialistas e os nacionalistas calaban e pagaban o que lle pedían desde Madrí e nós non pagamos e non calamos. E esta é unha gran diferencia co que facía o bipartigo”, asegurou Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. 

Así, insistiu en que as súas xestións co Ministerior de Fomento conseguiron que os galegos paguen menos por esta infraestrutura. “Supón 400 euros de aforro ata 20148. Unha cantidade substancial e definitiva”, indicou. Ademais, indicou que o PPdeG non varía a súa petición e indicou que continúa mantendo a súa “solicitude de transferencia”.

Temas: AP-9 FEIJóO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

O Presidentiño e a súa forza imparabel para non facer nada. Marca PP.