Temas: LIDIA SENRA ONS

Lidia Senra denuncia ante a Comisión Europea os "poucos" medios dos traballadores da Illa de Ons

A eurodeputada galega denuncia que conta con "pouco persoal" e "poucos medios".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2017 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

A eurodeputada galega integrada en Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), Lidia Senra (AGEe), denunciou ante a Comisión Europea as "deficiencias" dos traballadores do Parque Nacional das Illas Atlánticas, concretamente no arquipélago de Ons, que conta con "pouco persoal" e "poucos medios".

Lida Senra
Lida Senra | Fonte: Europa Press

Segundo informa o grupo nunha nota de prensa, Ons conta con tres funcionarios e tres laborais durante todo o ano, "co risco que isto supón". Ademais, As contratacións que se fan "adoitan" ser de TRAGSA, que ofrece brigadas de incendios que asumen competencias "que non lles corresponden".

Senra afirmou tamén que as baixas "non se cobren", que "non dispoñen de convenio propio" e que están "en pésimas condicións" para realizar o traballo. Ademais, criticou que nas illas de Sálvora e Cortegada "só hai un laboral por quenda".

A maiores, a europarlamentaria incidiu na "masificación" na época estival, convocatorias de prácticas deportivas en tempada de cría de aves e voluntariado que "pretende suplir" a "falta de persoal" pero que provoca "máis traballo", entre outros problemas.

Ante esta situación, Senra asegurou que o persoal reclama "máis efectivos" e "máis medios" para a protección destes espazos, polo que o seu grupo pediu á Comisión Europea que se pronuncie --para o que conta cun prazo de entre catro a seis semanas-- e inste á Xunta a que solvente estes problemas, posto que o Parque é "a súa responsabilidade".

Temas: LIDIA SENRA ONS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta