O nacionalismo e independentismo lembran divididos a Moncho Reboiras

Os actos celebráronse ao longo deste sábado en Dodro,onde está soterrado, Fene e Ferrol, cidade na que morreu o activista en 1975. UPG, MGS, Agora Galiza e Causa Galiza realizaron homenaxes separadas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2017 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

Decenas de persoas participaron este sábado nos diferentes actos programados en distintos puntos da xeografía galega para honrar a memoria do sindicalista Moncho Reboiras, de cuxo asasinato a mans da policía franquista cúmprense 42 anos este 12 de agosto. Uns actos que, tal e como aconteceu no Día da Patria, celebráronse marcados pola división que existe no nacionalismo e independentismo galego, a diferencia do que acontece en Cataluña.

Homenaxe a Moncho Reboiras
Homenaxe a Moncho Reboiras | Fonte: galiza.indymedia.org

Diferentes organizacións renderon tributo por separado á figura de Reboiras con distintos actos celebrados ao longo deste sábado nos municipios coruñeses de Fene, Ferrol e Dodro, localidade natal do independentista.

Así, a Unión do Povo Galego (UPG), partido do que era militante Reboiras no momento da súa morte, realizou unha ofrenda floral no cemiterio de Imo --Dodro--, onde descansan os restos mortais dun dos impulsores do Sindicato Obreiro Galego, precusor da CIG.

Tras isto, a Sociedade Cultural Recreativa e Deportiva (SCRD) O Pote de Maniños organizou en Fene unha comida popular, á que seguiu, a partir das 16,00 horas, unha "sobremesa debate" baixo o título 'A mudanza real que a Galiza precisa' --O cambio real que Galicia necesita--. A UPG clausurou a xornada de homenaxe a Reboiras en Ferrol, onde tivo lugar unha concentración na Praza de Armas. Desde alí, os asistentes partiron cara ao lugar onde foi asasinado, un portal da Rúa da Terra, onde foi abatido por membros da Brigada Político-Social, a policía política do réxime franquista.

 MGS

Pola súa banda, o Movemento Galego ao Socialismo (MGS) --a única formación organizada que queda no BNG xunto coa UPG, da que a súa vez é unha escisión-- comezou a súa homenaxe ás 13 horas no cemiterio de Imo coa presenza de Xoán Bautista Mariño, concelleiro do BNG de Dodro que participou de cativo no enterro de Moncho Reboiras hai 40 anos, nunha parroquia tomada pola Guardia Civil; Élia Lago, da Mesa Nacional do MGS e de Isca! e Ramiro Oubiña, histórico militante sindical no seo da CIG.

"Fíxoo, máis unha vez, misturando o necesario exercicio da reivindicación cunha dose de celebración da memoria e confraternización entre os máis dun cento de asistentes, moitos deles veciños e veciñas de Moncho Reboiras e da súa familia e tamén xente procedente doutras comarcas do país que quixeron participar nunha xornada que medra ano a ano", apuntou esta organización nun comunicado.

Ademais, lembrou que este ano, como os anteriores, a homenaxe a Moncho Reboiras en Imo foi precedida dunha "intensa campaña de axitación con centro na figura de Reboiras" e que, baixo o lema “Moncho Reboiras Vive!”, realizouse na maior parte do país e, en particular, as comarcas do Barbanza e Compostela.

Agora Galiza

Tamén a formación independentista Agora Galiza, algúns de cuxos integrantes militaron antes na UPG e no MGS, realizaron outra homenaxe paralela que tivo lugar no cemiterio de Imo, pero ás 11.30 horas. Ao igual que o MGS encheron Galicia de pancartas lembrando a figura de Moncho Reboiras. "As rúas da Galiza homenageam e reivindican o Moncho rebelde, o Moncho insurgente, o Moncho combatente, o Moncho de firmes princípios ideológicos", apuntaba un dos impulsores desta organización, Carlos Morais.

Causa Galiza

Finalmente, Causa Galiza, outra das organizacións independentistas galegas tamén realizou un acto de homenaxe no cemiterio de Imo, que, a diferencia dos anteriores, tivo lugar pola tarde, ás 17.00 horas.

Agora Galiza deposita unha coroa de flores onde está enterrado Moncho Reboiras
Agora Galiza deposita unha coroa de flores onde está enterrado Moncho Reboiras | Fonte: Agora Galiza

Homenaxe a Moncho Reboiras do MGS
Homenaxe a Moncho Reboiras do MGS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

9 Um galego sem fronteiras

Xornalismo? Imos ver, sobre a xornada do Pote de Maniños: en europapress apuntan "bajo el título 'A mudanza real que a Galiza precisa' -- El cambio real que Galicia necesita--"; en GC copian "baixo o título 'A mudanza real que a Galiza precisa' --O cambio real que Galicia necesita--". Evidentemente en galego sobra traducir! Logo, a necesidade de xornalista titulado, o cacareado corporativismo de GC, ante feitos así cae no ridículo. As liortas como motivo, empregar temas sensibles para criar polémica (nacionalismo, língua), amparar animadores ou /e provocadores fascistas (nostrus, Nexus, mamoria...), fai que a calidade formal e humana de CG fique en evidencia.

1 Tristura

A ver... Buf! Que cousas! E vés de te decatar? Anda que! Debes de ser dos que votaron Mareas pensando que eran de esquerdas e ata algúns nacionalistas, porque de non ser así, non sei coma sobreviviches neste mundo tan cruel e duro meu filliño! Aquí un vén a se divertir ou a ver coma o insultan por tentar aportar algo de sentido común. Se queres ler algo de proveito no que queda de verán: https://www.elconfidencial.com/cult...

2 Tristura

De todas maneiras, sempre hai "posibilidades" na vida. Ao mellor podes escribir ao Colexio Profesional de Xornalistas que está moi activo... Ás veces. Ao mellor ata sacan un comunicado... Ti sabes onde vives: Galicia/Galiza? Xa sabes o que che dirán (sexan do partido que sexan): éche o que hai. Pois si... E que tristura abafante, évos o que hai, évos o que somos... Para que lembralo, todos sabemos os que somos... E por desgraza tamén o que queremos ser... Mentres, chove e escríbense artigos cursis sobre o que "está ben visto" e non crea máis que polémicas artificias ou extemporáneas. Non lle pidas peras al olmo... Nin lealdade aos nacionalistas ou esquerdistas galegos. Quizais poderiamos ata crear un novo refrán sobre a lealdade dos "nacionalistas" galegos... Éche o que hai! Resígnate ou muda de aires, pero non pidas nada porque a súa grisura inmensa te esmagará.

8 comunista independentista

Os de Calvos Morais cada día son máis.

1 comunista de Botín

Pois mentres vaian aghuantando ollo coidado que os vosos calvos van quedar sos pronto. 200 aplaundindo ao calvo que lidera moito si lidera de carafio

7 Nunca máis

Galicia confidencial vive das liortas do nacionalismo, e aínda hai pailáns que din que é un xornal imparcial. Outro lector diario que perden posto que está máis pendente de parvadas que de informar.

1 anonimo

Tes moita razón

6 Paleólogo

Das homenaxes diversas a Moncho Reboiras que hai cada ano, o que máis lle interesa a este xornal é que organización se escinde de cal. Moito fetichismo coa unidade hai no país do minifundismo, me parece a min.

5 nostrus

Ya hay que tener mal gusto para hacerle homenajes a este aprendiz de Che Guevara que lucho contra una dictadura para poner otra. Imagino que los que le hacen homenajes seran de la misma calaña que él. Luego se escandalizan cuando alguien le dedica misas a Franco.