Consecuencias previsibles

Os efectos negativos do incremento do IVE non lle causaron sorpresa a ningúen. Agás, quizais, ós integrantes do Goberno de Rodríguez Zapatero que, contra vento e marea e desoindo todas as recomendacións feitas non xa polo Partido Popular senón por institucións económicas, empresariais e as propias asociacións de consumidores, seguiron adiante coa aplicación desta medida.

Por X.M. Barreiro | | 22/09/2010

Comparte esta noticia

As consecuencias, como digo, non se fixeron agardar. O INE confirmou o previsible, en xullo, no mesmo mes que principiou a aplicarse o incremento impositivo, as ventas do comercio minorísta reducíronse un 2,2 por cento en comparaza co mesmo mes do pasado ano. E eso só é a punta do iceberg dos efectos colaterais: a inflación incrementouse tres décimas en agosto, colocando a taxa interanual no 1,8; neste mesmo mes a matriculación de coches descendeu, con respecto ó 2009, un 24 por cento…

A decisión é contraproducente e así se está a demostrar. Xa o advertiamos daquela. O remedio ía agravar a enfemidade: subida xeralizada dos precios, contracción do consumo, maior dificultade para empresas e autónomos e, por extensión, menor recaudación para o Estado e incremento da xa abultadísima taxa de desemprego.

Diversos organismo advirten, ademais, que provocará unha segunda recesión da nosa economía (como si a primeira, aínda non superada, non fora dabondo). A Comisión Europea sopesaba recentemente o seu efecto no noso PIB, estimando que no terceiro trimestre experimentaría unha contracción do 0,1 por cento. Unha previsión que xa calcularan tempo atrás dende a Funcas.

En definitiva, a medida, atolondrada e contraproducente como case todas as que está a adoptar o Goberno ZP en materia económica, traerá moita cola. A ramificación das consecuencias será amplísima.
0 comentarios
martes 14 de septiembre de 2010
Custo elevado, pouca rendabilidade
Case dous tercios dos concellos da provincia de Lugo tiveron en 2009 un orzamento anual inferior ós algo máis de 2,1 millóns de euros que a Deputación de Lugo adica este ano a cubrir os gastos derivados das “adicacións” de 13 dos 14 integrantes do equipo de goberno (boa parte deles con coche oficial) e os seus 27 asesores (sen incluir aquí ese abultado número de acólitos ós que se lle buscou un cómodo acomodo, excelentemente remunerado ademais, en outros organismos dependentes da administración provincial).

Se a estes salarios lle sumamos os 5,4 millóns de euros consignados a gastos diversos, únicamente sete dos 67 concellos lucenses dispuxeron de máis cartos para afrontar a execución de obras, o mantemento de servizos ou o pago de salarios dos traballadores municipais.

As cifras, creo, son, por si mesmas, suficientemente elocuentes. E eso que fago a comparación cos orzamentos municipais de 2009! Imaxinen cal sería o balanzo si poñemos o punto de mira nas contas do 2010 que, por mor da crise económica na que nos atopamos, todas as administracións locais, incluida a provincial, vironse obrigadas a rebaixar nunha porcentaxe salientable o seu nivel de ingresos e, polo tanto, tamén de gastos.

Ante esto, pode alguén seguir argumentando cun mínimo de coherencia e obxectividade que o bipartito provincial, que por riba emprega a institución con claros fins partidistas, non nos sae carísimo a todos os lucenses?

Pois, por inconcebible que pareza, hai quen tercamente se empeña en negar a aplastante evidencia de que a dirección política da actual Deputación é a máis cara da historia desta institución, máxime se se ten presente a pouca rendabilidade que se pode extraer da súa acción de goberno.

Aínda que, como resulta habitual, o que máis fala e precisamente quen máis razóns ten para estar calado. É incongruente que os que avogan pola súa desaparición, sexan tamén os que con máis ahínco e ardor defendan a “rendabilidade” dun custo tan desmesurado. É incompatible defender dúas posturas frontalmente contrapostas.

Unha das conclusións que se poden sacar tras reflexionar sobre este asunto, e sin necesidade de facelo con excesiva profundidade, é que no desenvolvemento da lexítima actividade política hai quen tenta sacarlle un lucro engadido que non parece demasiado acertado nin convinte nos tempos que corren, cunha taxa de desemprego por riba do 20 por cento e cunhas previsións de crecemento económico que non invitan a euforia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog