Dúas empresas sancionadas por amañaren contratos da Xunta

O INGACAL tivo que pagar un sobrecusto por dúas caldeiras de biomasa porque dúas empresas intercambiáronse adxudicacións, segundo considera probado unha resolución de Competencia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/08/2017 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

A Comisión Galega da Competencia (CGC), órgano oficial da Xunta, multa a dúas empresas por tentar amañar dous contratos para a subministración de biomasa. As sancionadas son Protosolar SLU e Acende Enerxía SL.

O presidente do Consello Galego da Competencia, Francisco Hernández Rodríguez, na presentación dun pasado informe
O presidente do Consello Galego da Competencia, Francisco Hernández Rodríguez, na presentación dun pasado informe

 

As dúas gañaron sendos concursos en 2016 para o Centro de Investigaciones Forestais de Lourizán e o Centro de Investigaciones Agrarias de Mabegondo ao presentaren as ofertas máis baratas. Nas dúas adxudicacións, a segunda oferta máis barata resultou ser a da gañadora no outro concurso

 

De acordo á versión do licitador, o INGACAL, os seus responsábeis pediron despois unha reunión para tratar de convencer á Xunta de transferir os contratos. É dicir, que as caldeiras non as intalase a empresa máis barata, senón a responsábel da segunda oferta máis barata. 

 

A resolución do CGC considera probado que o INGACAL advertiulles que o que propuñan era ilegal, entre outros motivos porque faría que se gastasen máis cartos públicos. Malia isto, as gañadoras finalmente non presentaron toda a documentación para formalizar o contrato que gañaran, polo que os traballos foron realizados finalmente pola compañía que quedara en segundo posto.

 

As multas son dunha cantidade moi pequena, 9.500 euros para Protosolar e 2.100 para Acende Enerxía, porque en teoría tamén o foi o sobrecoste co que apandou INGACAL . Os importes dos contratos finalmente adxudicados a Protosolar e a Acende Enerxía foron superiores en 4.677 euros e en 1.066 euros respectivamente aos que resultaran mellor valorados pola mesa de contratación. 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta