Por Galicia Confidencial | Meirás | 30/08/2017 | Actualizada ás 12:13
As organizacións nacionalistas están a promover a mobilización dende que empezou a acción, a media mañá, usando nas redes os cancelos #OPazoeDoPobo e #FranquismoNuncaMáis.
Estes mesmos slogans poden lerse nunha pancarta xigante pendurada na torre do Pazo entregado tras a Guerra Civil ao ditador Francisco Franco. Outra faixa reza “que nos devolvan o roubado! Franquismo: Nunca Máis!"
Dirixentes nacionalistas como o deputado Luis Bará, Rubén Cela (líder do BNG en Santiago) ou Anxo Louzáo (responsábel de ensino no sindicato CIG) están entre os encaramados ao tellado do polémico inmóbel.
A fronte non asumiu directamente a autoría da “ocupación simbólica”, senón que asegura que foron “activistas da memoria histórica” . Con todo, xustifícaa argumentado que “fronte ao fascismo e o espolio, un pobo en pé, que esixe reparación, verdade é devolución do roubado”.
“A bandeira da Patria no alto da Torre de Meirás simboliza que hoxe o pazo é do pobo. Fóra franquismo da Galiza”, escribiu Néstor Rego, líder da UPG, o partido máis numeroso da fronte.
#OPazoédoPobo O Pazo de Meirás non é da familia Franco é do Pobo Galego. Pazo conquistado ✌️ pic.twitter.com/2EkWaVBThe
— Rubén Cela (@rubencela) 30 agosto 2017
Esta acción seguro que levantará moita polémica política. Chega nun intre no que a Xunta está nunha difícil situación, ao ceder a familia Franco a xestión das visitas a Meirás a Fundación Franco.
O colectivo fascista non se cortou xa en enarborar a cesión do Pazo para facer apoloxía do ditador e criticar aos familiares das vítimas do golpe de Estado. Ademais, neste agosto non se admitiron visitas, malia que ao ser Ben de Interese Cultural debe estar aberto polo menos certos días. A Xunta iniciou un expediente sancionador este verán á Familia Franco.
Tomamos o pazo!
— BNG A Coruña (@BNGACorunha) 30 agosto 2017
Por ser do pobo galego.
Por restituír un espolio.
Por devolver a memoria.
Por xustiza.
Por democracia.#FranquismoNuncaMáis pic.twitter.com/VW9MRMgoT8
O PPdeG abriu onte a porta a tentar recuperar o Pazo para a Administración, pero de seguro que non estará de acordo coa ocupación deste mércores, por moi simbólica que sexa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.