Ocupan o Pazo de Meirás co apoio do Bloque

Un grupo de activistas ocupou esta mañá o Pazo de Meirás, pendurando faixas a prol da súa nacionalización. Entre eles hai dirixentes e militantes do BNG e das súas mocidades, Galiza Nova.

Por Galicia Confidencial | Meirás | 30/08/2017 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

As organizacións nacionalistas están a promover a mobilización dende que empezou a acción, a media mañá, usando nas redes os cancelos  #OPazoeDoPobo  e #FranquismoNuncaMáis.

Ocupación do Pazo de Meirás
Ocupación do Pazo de Meirás

Estes mesmos slogans poden lerse nunha pancarta xigante pendurada na torre do Pazo entregado tras a Guerra Civil ao ditador Francisco Franco. Outra faixa reza “que nos devolvan o roubado! Franquismo: Nunca Máis!"

Dirixentes nacionalistas como o deputado Luis Bará, Rubén Cela (líder do BNG en Santiago) ou Anxo Louzáo (responsábel de ensino no sindicato CIG) están entre os encaramados ao tellado do polémico inmóbel.

A fronte non asumiu directamente a autoría da “ocupación simbólica”, senón que asegura que foron “activistas da memoria histórica” . Con todo, xustifícaa argumentado que “fronte ao fascismo e o espolio, un pobo en pé, que esixe reparación, verdade é devolución do roubado”. 

“A bandeira da Patria no alto da Torre de Meirás simboliza que hoxe o pazo é do pobo. Fóra franquismo da Galiza”, escribiu Néstor Rego, líder da UPG, o partido máis numeroso da fronte.

Cela (primeiro pola esquerda) e Louzao no tellado de Meirás
Cela (primeiro pola esquerda) e Louzao no tellado de Meirás | Fonte: Ruben Cela Twitter

Esta acción seguro que levantará moita polémica política. Chega nun intre no que a Xunta está nunha difícil situación, ao ceder a familia Franco a xestión das visitas a Meirás a Fundación Franco.

O colectivo fascista non se cortou xa en enarborar a cesión do Pazo para facer apoloxía do ditador e criticar aos familiares das vítimas do golpe de Estado. Ademais, neste agosto non se admitiron visitas, malia que ao ser Ben de Interese Cultural debe estar aberto polo menos certos días. A Xunta iniciou un expediente sancionador este verán á Familia Franco.

O PPdeG abriu onte a porta a tentar recuperar o Pazo para a Administración, pero de seguro que non estará de acordo coa ocupación deste mércores, por moi simbólica que sexa. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

14 Gamela

Luís Bará, portavoz do BNG, Rubén Cela, Néstor Rego e Bieito Lobeira... seica teñen ganas de PAGAR unha indemnización á familia Franco ?

13 undecompostela

parabens o BNG bravissimo

12 bloque si

Parabéns o BNG por apoiar esta iniciativa. Estes actos simbólicos son os que diferencian aos auténticos defensores das liberdades públicas, dos comentaristas de barra de bar.

11 Breogán

Propiedade privada o pazo de Meirás? Foi un roubo que fixo xente coma o oleiros pra darllo ao caudillo anano, con voz afrautada e amaneirado. Xenocida a altura do alemán, ilaliano, soviético e camboiano entre outros moitos máis. Se a colares se lle ficaba todo pegado na mao, ao can de palleiro moito máis. Onde un xeneral cun soldo pírrico ía deixar a fortuna que deixou a sua parentela. Tiñan que riparlle todo o patrimonio e se puxeran a traballar.

10 Eenpoio

Ocupan os liberados da CIG e o BNG o Pazo de Meirás para a galería mediática, e mentras ao alcalde de Poio desde hai máis de vinte anos non lle pasou aínda pola súa cabeza afiliada á UPG retirarlle as senllas rúas que dous ministros de Franco manteñen no seu concello. Nestor Rego tamén podería facer declaracións sobre esta vergoña permitida a un alcalde do BNG.