Imposicións

Os orzamentos do goberno central para o vindeiro ano non van encamiñados a sacar a España da crise, máis ben ó contrario: conlevarán máis paro, máis impostos, máis desigualdade, menos competitividade e menos protección social. Estragarán aínda máis unha situación xa de por si moi mala.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 11/10/2010

Comparte esta noticia



Mentres o resto dos países do noso entorno están a medrar, aínda que sexa levemente, o Goberno de Zapatero resignase, por exemplo, a que a taxa de paro, o noso maior problema, continúe dobrando a media europea. Recoñece, por tanto, que a imposta reforma laboral non servirá para reconducir os condicionantes que impiden que a nosa economía sexa capaz de xerar emprego.

Rodríguez Zapatero e os seus ministros seguen a botar as contas da leiteira e repiten o erro de exercicios anteriores, obviando as consecuencias nefastas que eso ten para o propio goberno central, e para o resto das institucións. Prevén un crecemento económico que, tamén desta vez, todos os organismos nacionais e internacionais advirten de que non se axusta á realidade.

Parece que os socialistas xa adoptaron coma norma innata facerlle pagar a outros os seus erros: que comunidades autónomas, deputacións e concellos apanden coas consecuencias duns cálculos mal feitos e que todos os cidadáns, vía impostos, asuman a culpa (e o pago) do seu despilfarro.

Así, por exemplo, reduciranse drásticamente ou directamente esfumaranse as partidas para gasto productivo, e medrará alarmantemente a consignación para facer fronte ó pago da débeda contraída (vanse adicar a este fin nada menos que 27.000 millóns de euros). Unha débeda que, por certo, está a perder valoración (e consecuentemente garantía) nos mercados internacionais.

A irresponsabilidade de Zapatero parece non ter tope. Impón recortes, impón reformas e imponse a si mesmo coa suscripción dun acordo co PNV (baseado na discriminación entre comunidades autónomas) que lle permitirá aprobar uns orzamentos irreais e moi lesivos para o país.

Nas antípodas deste proceder está a Xunta de Feijóo que, pese á reducción orzamentaria á que obriga a crise económica, blindou a execución de infraestructuras fundamentais para a vertebración de Galicia. Todos os contratos asinados en materia de infraestruturas e todas as obras xa iniciadas seguirán adiante conforme ós prazos previstos. Non hai titubeos, non hai bandazos. Non haberá, por tanto, necesidade de anunciar indultos ficticios.

Feijoo impuxo austeridade na súa xestión dende o intre mesmo de facerse cargo do goberno galego. As súas palabras, refrendadas con feitos, cotizan á alza; as de Zapatero, ó igual que a súa credibilidade, levas o vento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog