Prohibido criticar

A soberbia non é boa conselleira. Para ninguén, pero moito menos para un político, máxime se ten responsabilidades de goberno e, polo tanto, a obrigación de responder sobre o que fai (ou non fai) ese goberno.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 18/10/2010

Comparte esta noticia

Non lle gustou a José Blanco que Agustín Hernández lle reprochara a falta de garantías sobre os prazos de execución dalgunhas infraestructuras de competencia estatal, concretamente da “indultada” Autovía do Cantábrico. Pero por moito que o penso non sei qué foi o que puido molestar ó ministro. É ou non é verdade que pola A-8 tíñamos que estar xa circulando dende hai moito tempo e que, se o Sr. Blanco non dispensa algunha nova indulxencia, tardaremos cando menos catro anos máis en facelo?

Pode que Blanco, imbuido de arrogancia, perdera a perspectiva e esquecera que o deber dun representante político é defender os intereses dos cidadáns ós que representa. Como el non exerce tan cometido, nin no Congreso nin no consello de ministros, cree que o seu proceder ten que sentar cátedra e marcar tendencia. Coido, nembargantes, que está errado. As cousas ben feitas reciben parabéns; as que se fan mal, críticas. Así foi, así é e así será por moito que lle pese a el ou ós que pensen coma el.

Pretendenderá o Sr. Ministro e deputado por Lugo que cando poña o pe nesta provincia lle fagamos a ola pese a incumplir sistemáticamente os compromisos que, ó longo dos anos da súa dilatada carreira política, foi adquirindo por estes lares ou por calquer outro recuncho da xeografía galega ou mesmo nacional?

Xa me temo, tendo presente o mal que semella encaixar as críticas, que José Blanco, seguindo o exemplo de Rodríguez Zapatero, propoña a elaboración dun protocolo que fixe o proceder e o contido dos discursos durante os actos oficias nos que el participe.

Nin críticas nin abucheos. Prohibido por lei. Non vaia ser que o ego de alguén se vexa mancillado. E de paso, e xa que estamos inmersos na política do absurdo, os socialistas tamén poderían regular a manifestación pública de sentimentos. De entrada, nin aplausos nin pataleos. Non cabe dúbida que a expresión do cabreo xeral desluce moito as fotos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog