Duro cruce de acusacións entre Villares e Feijóo: Do narcochofer ao maxistrado frustrado

O líder de En Marea acusa a Feijóo de seguir o lema fascista de “Una, Grande y Libre” e o presidente da Xunta contestalle que é un “ex-militante da Constitución Española”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 27/09/2017 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

Narcochofer, corrupto ou indigno. Foron algunhas das pérolas lingüísticas que se brindaron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o líder de En Marea, Luís villares. Un duro cruce de acusacións no que participaron varios deputados dos dous grupos e que provocou a intervención do presidente da Cámara para que a cousa non fora a máis.

Luís Villares, no Parlamento galego
Luís Villares, no Parlamento galego | Fonte: Europa Press.

Foi durante a sesión de control ao Goberno da Xunta no Parlamento na que Villares criticou ao PP por reprimir todas as manifestacións de apoio ao referendo catalán. “Parece que para vostedes só hai un pensamento, o do Una, Grande y Libre”, dixo en alusión ao eslogan do réxime fascista de Franco. Neste sentido, tamén lembrou a participación de “ultranacionalistas españois, algún deles do PP de Aragón”, nas protestas contra o acto que Podemos celebrou a pasada fin de semana en Zaragoza, e nos que resultou ferida dun botellazo a presidenta das Cortes de Aragón. “Iso é como entende o diálogo e a fraternidade dos pobos o PP”, denunciou.

“Condenamos todo tipo de agresións a calquera cidadán. A nós non nos gusta nin os nacionalismos galego, nin catalán, nin vasco, nin español”, respondeulle Feijóo que, en todo caso, lembroulle que a decisión de prohibir as manifestacións de apoio ao referendo catalán foron dictadas por xuíces. “E vostede debería sábelo que seica foi xuíz”, chanceou. “E ningún político está por riba da Constitución”, indicou, “e se non se respectan as leis, non hai democracia”.

As oposicións non aprobadas de Feijóo

Foi entón cando chegou o momento máis tenso entre os dous dirixentes políticos. Villares acusou ao presidente galego de confundir o poder lexislativo co xudicial. “E é normal que o faga quen non aprobou as aposicións á xudiciatura”, espetoulle. Un golpe que deixou tocado a Feijóo.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no pleno.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no pleno.

“Eu deixei a toga para traballar coa boa xente da Marea, é certo, pero non son coma vostede que de profesión é narcochofer”, continuou Villares en alusión a súa amistade co narco Marcial Dorado. “Vostede é o presidente dos botellazos, o da corrupción e un narcochofer”, incidiu ante a protesta unánime dos deputados populares.

Un “ex militante” da Constitución Española

“Veu a calugniar, insidiar e insultar”, respondeulle Feijóo. “Se ata agora tiña pouco prestixio como político, a partir de agora, xa ten pouco prestixio como persoa”, engadiu. E espetoulle: “Vostede é agora un ex militante da Constitución Española e un ex maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)”.

Un Feijóo moi anoxado recoñeceu estar “sorprendido” polos argumentos xurídicas de Villares e tamén polas súas formas. Tamén o presidente da Cámara que pediulle ao líder de En Marea que retirara a palabra “narcochofer”. “E, logo, unha persoa que vai de chofer nun barco dun narcotraficante como hai que chamalo?, ironizou Villares que non retirou a súa afirmación. Miguel Santalices decidiu, entonces, retirala el e chamalo á orde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 Hilo

Esta gentuza le está regalando una nueva mayoría absoluta al Pp. Sin hacer nada para merecerlo

1 Pabilo

Esa gente está haciendo lo que debe para bajar los humos a quien lo merece. Otra cosa es que haya gentuza muy parecida a ti que vote por el PP hasta por lástima.

3 Cansino

Moi ben Feijoo ensinándolles educación a estes fillos de papá que van de pobres obreiros. Miremos a Bescansa, o Villares, ... Podemos Marear se chama o partido. O Villarito vendo os resultados das enquisas precisa sair na tele, veremos canto tarda a Pontón en secundalo para ver que é máis do pobo. Penosos.

2 remixio

Ben falado

1 jalejo

Os dous? Iso sí que é ser galego

2 Remixio

Villares home

1 É así

Ben, Villares: firmeza e palabras clariñas.

1 Ai...

Ti que es da claque?