Últimos días para que empresas e colectivos de Lugo soliciten o programa Ben Empregado 4

Autónomos, pequenas e medianas empresas, e asociacións sen ánimo de lucro poden solicitar axudas ata o 18 de outubro, coas que pagar durante 1 ano os custos laborais de novos traballadores lucenses que estean no paro.

Por GC Emprende | Lugo | 15/10/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O Goberno da Deputación de Lugo mantén aberto ata o 18 de outubro, inclusive, o prazo para que empresas e colectivos sen ánimo de lucro, todos eles da provincia, soliciten axudas de ata un máximo de 22.000 euros para contratar a novos traballadores lucenses que estean no paro. Trátase do Ben Empregado 4, máis social, o plan de emprego que o Executivo Provincial dotou con 2,2 millóns de euros e que permitirá a un mínimo de 150 entidades e asociacións xerar outros tantos novos postos de traballo na provincia. 

Participantes do  proxecto Cultiva  Mazás e algúns  colaboradores / Participantes do  proxecto Cultiva  Mazás e algúns  colaboradores. Elena Ferro,  impartindo unha xornada  sobre emprendemento no  rural / Casa Grande de Xanceda
Participantes do proxecto Cultiva Mazás e algúns colaboradores / Participantes do proxecto Cultiva Mazás e algúns colaboradores. Elena Ferro, impartindo unha xornada sobre emprendemento no rural / Casa Grande de Xanceda

Os interesados en participar nesta 4 edición do Ben Empregado deberán presentar no rexistro da Deputación (ou por calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas) a documentación que se atopa www.deputacionlugo.gal. Tanto na web da Deputación como no Taboleiro de Anuncios se publicarán os requirimentos de máis información durante o proceso de resolución das subvencións.

3 liñas de financiamento

Os solicitantes poden optar a 3 liñas de financiamento: do 100%, do 90% ou do 50%. Poden participar no Ben Empregado 4 todas as entidades e asociacións lucenses agás  aquelas empresas que contasen con axudas das anteriores edicións desta programación e, rematada esta, non mantivesen aos traballadores nos postos de traballo xerados; ás que realizasen despedimentos improcedentes nos últimos 12 meses; ás que fosen condenadas por sentenza xudicial firme sobre despedimentos improcedentes ou expedientes sancionadores nos últimos 3 anos; ou ás que renunciasen a subvención do Ben Empregado doutras edicións unha vez seleccionado ao persoal sen tan sequera contratalo durante o período legal de proba. 

Segundo informa a deputación, avoreceranse ás empresas e colectivos que non se teñan beneficiados das anteriores edicións; ás que ofrezan contratacións indefinidas do posto subvencionado, medidas específicas de conciliación laboral, de protección do medio ambiente ou de responsabilidade social e corporativa. Ademais, valorarase positivamente, que os promotores das entidades sexan de nova creación, impulsadas por mulleres, mozos de entre 16 a 35 anos ou maiores de 45.  

Obrigas

As entidades e colectivos que resulten beneficiados deberán aceptar o traballador asignado pola Deputación e mantelo no seu cadro de persoal durante un período mínimo de 12 meses de duración; manter o cadro de persoal, incluíndo aos anteriores traballadores das edicións do Ben Empregado, durante a vixencia deste programa; facilitarlle ao contratado os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas tarefas; ou achegar ao organismo provincial nos primeiros 10 días do mes a nómina e xustificante de pago do traballador correspondente. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta