Centos de coches atrapados no túnel da Cañiza na A52

Caos absoluto nun dos principais viais de Galicia tras cortar a Garda Civil a autovía polos incendios. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | A Cañiza | 15/10/2017 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

Centos de coches quedaron atrapados no túnel da A52 por mor dos virulentos lumes que existen na comarca.  A Garda Civil solicitou aos condutores dar a volta, xerando escenas de caos.

Vehículos atrapados no túnel da Cañiza na autovía A-52 pola onda de incendios
Vehículos atrapados no túnel da Cañiza na autovía A-52 pola onda de incendios

Os vehículos quedaron en moitos casos atravesados ante a falta de espazo e as fotografías e vídeos compartidos nas redes sociais mostran unha situación na que resultou practicamente imposible avanzar nin nun sentido nin noutro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta