Feijóo di que non só a Xunta perdeu o control durante 12 horas, senón tamén concellos e deputacións

Non quere falar de descoordinación, pero recoñece que haberá que analizar o ocurrido e ver se funcionou a coordinación entre servizos da Xunta, concellos e deputacións. Tamén recoñece que non se cumple a lei impulsada polo seu goberno de non plantar eucaliptos a menos de 50 metros dunha estrada ou unha vivenda.

Por Xurxo Salgado | Compostetal | 19/10/2017 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñecía hai uns días que o seu goberno “perdera o control durante 12 horas” da situación creada pola intensa vaga de lumes. Un descontrol que se evidenciou na descoordinación de medios e servizos de emerxencia. Con todo, este xoves, puntualizaba que ese descontrol non só foi da Xunta.

Veciños de Pazos de Borbén desolados, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Veciños de Pazos de Borbén desolados, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente galego dixo que "Galicia perdeu o control" durante 12 horas, pero non só a Xunta, senón tamén outras administracións con competencias en extinción, en alusión a concellos ou deputacións. 

Con todo, e preguntado por GC sobre unha posible descordinación de medios, recñeceu que haberá que analizar o ocorrido, "ver a coordinación das brigadas municipais e das deputacións no ámbito dos bombeiros comarcais". "Temos que velo, ver se podemos mellorar aínda máis a operativa das brigadas forestais, das que sinto orgulloso", reflexionou. En todo caso, incidiu en que non se debe caer "no erro" de que o problema "está no operativo".

Modelo forestal

Por outra banda, e sobre un posible cambio do modelo forestal, Feijóo subliñou que, precisamente, pediu comparecer na Cámara para falar da situación e que nesa comparecencia "pódese falar de todo". “Por suposto, falarase de política forestal", dixo. En todo caso, esgrimiu que se produciron situacións á marxe desta como "lumes intensos de madrugada" ou "focos simultáneos".

"A actividade incendiaria foi máxima, non hai ningún rexistro de 264 lumes en dous días en ningún ano; e dous de cada tres quedaron en conato. A capacidade dos servizos de extinción está probada, pero non se pode loitar contra o imposible", esgrimiu, á vez que apuntou que "se atacaron os parques naturais" e que en Ourense, a pesar de ser a provincia "con menos eucaliptos", foi onde máis ardeu.

Con todo tamén recoñeceu, a preguntas novamente deste medio, que as leis aprobadas polo seu goberno, como é a de non prantar eucaliptos a menos de 50 metros de estradas ou casas “non se cumple” e que haberá que revisar esta situación.  Así mesmo, avanzou unha reunión cos presidentes de Castela e León, Asturias, co fin de determinar a situación e as características dos incendios no Noroeste.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 ZASVARELA

Ciddadán - borrego, xa ves como o teu virrei , por ti elexido , te culpa das suas propias neglixencias . ¡¡ xumento. disfruta da albarda !!1

1 sexopata

A deputa-cion de Ourense xa leva perdido o control durante moito mais tempo sobre todo de cintura para abaixo...