O grupo neonazi Hogar Social anuncia que virá con “axuda humanitaria” a unha Galicia ‘terceiromundista’

Os ultradereitistas organizan unha campaña tralos incendios usando os clásicos estereotipos sobre os galegos e dun país subdesenvolvido.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 20/10/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

En Madrid son coñecidos por ser un grupo neonazi e populista que presta axuda só a xente con ADN español, discriminando aos estranxeiros e avivando o discurso do odio contra estes. A súa táctica é tan sinxela como efectiva en tempos de crise nos que os populismos emerxen para facer boas as posverdades: prestan axuda a xentes necesitadas de nacionalidade española ás que manipulan dicíndolles que a culpa dos seus males é dos estranxeiros. Así buscan fomentar o odio e atraer cara os seus posicionamentos fascistas, racistas e xenófobos a xente débil. Agora, e aproveitando politicamente, como é de costume neles, as desgrazas doutros, anuncian que viran a Galicia con "axuda humanitaria", coma se Galicia fose un país do terceiro mundo.

Mensaxe do grupo neonazi Hogar Social tralos incendios, coa estereotipada imaxe dunha Galicia vella, pobre, triste...
Mensaxe do grupo neonazi Hogar Social tralos incendios, coa estereotipada imaxe dunha Galicia vella, pobre, triste...

A cousa non queda aí. Non só piden "axuda humanitaria" coma se fose para un país famélico e sen recursos propios, senón que usan a estereotipada imaxe dunha vella con pano á cabeza e totalmente ataviada de negro para representar esa imaxe do pobo galego que algúns gustan de mitificar por terras de Castela; a imaxe dunha Galicia vella, rural, negra, antiga, pobre e triste.

Estas son as simples e pobres tácticas dos neonazis de Hogar Social, que nunca disimularon a súa mensaxe racista, xenófoba e carpetovetónica. Así o anuncian nas súas redes sociais:

"Hogar Social acudirá a Galicia con ayuda humanitaria para aquellos que lo han perdido todo a causa de los incendios. Pedimos tu colaboración para llevar la mayor ayuda posible, recordando que sacar la bandera de España es, sobre todo, estar al lado de quienes han sido devastados. ¡Ayúdanos a ayudar!".

O anunciou xerou unha marea de reaccións nas redes sociais, denunciando o carácter xenófobo e neonazi deste colectivo. Velaquí algunhas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 Morcego

Sinalar que empreguen a imaxe da vella chorando diante do lume como un pecado grandísimo polo que di o autor que evoca non fala tan mal do grupo ese como si do autor do artigo (e moitos pseudo-galeguistas); sodes a viva imaxe do autoodio galego que pretende despegarse da imaxe rural e da tradición galega. É moito máis canceríxena esa imaxe interior (pois sodes galegos) do que os tópicos vindos do exterior (terceiromundismo e patatín patatán). Esa imaxe da vella, inda que non é deste ano, moitas persoas que vivimos no rural nos sentimos identificados con ela(e foi compartida masivamente por galegos). Un empeza a fartarse de esa vergoña polo rural que tendes. Despois estrañámonos do que o rural vota! Queredes ser Cataluña ou Euskadi, e para iso censrades o que nos fai unha nación de seu. A identidade como pobo non está en Vigo nin na Coruña onde se imos cos datos na man podemos ver que o autoodio afecta á supervivencia da propia lingua.

5 Xenon

Básicamente el ideario nacionalsocialista - na-zi abreviadamente - coincide con el del nacionalismo gallego, en especial el del BNG. A fin de cuentas hubo admiradores racistas del nacionalsocialismo que fueron padres del nacionalismo gallego. Gente como Murguía, decía los auténticos gallegos eran rubios y de ojos azules. Por otro lado el concepto totalitario del estado, el ideario socialista y el odio al judío es similar en ambas ideologías. No sé a que viene tanto problema. ¿En cual es la nación a defender?

1 Samesuga eres

Non tes nin idea do que falas. Só queres luxar a a unha xente que, con acertos e erros, pelexa por un país máis xusto e solidario, en pé de igualdade co resto dos pobos. Eres un máis da patulea que, intencionadamente, ignora os feitos e manipula as palabras como se lle pertenceran. Eres un Goebbles de pacotilla.

4 LKI

Van durmir na casa de nostrus & friends.

3 Os clichés, coma os peidos

Davila seal of approval. Esa estética de vella encollida con pañoleta negra tirando dun carro ca vaca tamén lle erotiza a algún sector nacionalista e ata de esquerdas. E moito. O malo é que non està superada, aínda lle quedan un par de décadas ou tres, mínimo.

2 Arturo

Fai moitos anos que Galicia non é un país nen subdesenvolvido, nen moito menos tercermundista. Por favor. O terceiro mundo é Haití, Bangla Desh ou Gambia. Se un sae de Galicia cara a Asturias, Castela ou Portugal ( sitios que non creo que ninguén diría que son tercermundistas ) non se ven diferencias grandes: o urbanismo está mais cuidado en Asturias e Portugal ( non en Castela ) pero o nivel de vida e moi similar, ou mesmo tirando algo para baixo en Castela, ou Portugal, que ten uns salarios mais baixos que Galicia. O rollo tercermundista só calla en sectores ou moi primitivos ou hiperideoloxizados, para tentar aplicarlle a Galicia esquemas moi pasados.