O escritor Antonio Piñeiro gaña o Premio Torrente Ballester en galego da Deputación da Coruña

O escritor Antonio Piñeiro, natural de Ribeira (A Coruña), gañou, coa novela 'A través do fume', o Premio Torrente Ballester en galego, convocado pola Deputación da Coruña, segundo informa o organismo provincial.

A CORUÑA | 07/11/2017 | Actualizada ás 15:31 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O escritor Antonio Piñeiro, natural de Ribeira (A Coruña), gañou, coa novela 'A través do fume', o Premio Torrente Ballester en galego, convocado pola Deputación da Coruña, segundo informa o organismo provincial.

Premio Torrente Ballester
Premio Torrente Ballester | Fonte: Europa Press

Un xurado composto por Antón Riveiro Coello, Montse Dopico, María Reimóndez, Armando Requeixo e a gañadora da edición anterior, Eli Ríos, e presidido pola vicepresidenta e responsable de Cultura, Goretti Sanmartín, elixiron ao gañador do premio, que inclúe a publicación da obra e unha dotación de 25.000 euros.

Da obra de Antonio Piñeiro, profesor de Historia, o xurado valorou "a habilidade narrativa" dun relato "no que a persoa lectora ten que implicarse para construír o crebacabezas até a última páxina".

Destaca, ademais, "o seu enfoque calidoscópico que recrea maxistralmente a memoria a través do tratamento exquisito da lingua e os obxectos simbólicos do cotián como os selos ou as cartas".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta