Plásticos ciscados e abandonados nos puntos de recollida oficial

O PSdeG de Abadín critica a situación de abandono na que se atopan os puntos de recollida de plásticos agrarios do concello.

Por Galicia Confidencial | Abadín | 08/11/2017 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

Centos de quilos, mesmo toneladas de plásticos agrarios están ciscados e abandonados nos puntos de recollida oficial do Concello de Abadín, en Lugo. Así o denuncia o voceiro da agrupación socialista deste municipio, Pablo Díaz. 

Plásticos ciscados nun punto de recollida oficial en Abadín
Plásticos ciscados nun punto de recollida oficial en Abadín | Fonte: PSdG

Díaz critica que levan sen recoller e limpar desde antes do verán. “Actualmente, hai arredor 16 puntos limpos, que nestes intres se atopan en total estado de abandono, unha situación que está a ocasionar molestias entre os veciños, xa que non entenden porque non se recollen e adecentan estes puntos limpos”, apunta.

Por iso, anuncia que presentará unha pregunta no vindeiro pleno municipal para coñecer que accións vai levar adiante o alcalde para corrixir esta situación. Así, denuncia que a situación destes puntos presenta “un estado de abandono, fundamentalmente polo actitude de pasotismo e deixadez do alcalde, que é incapaz de atender ás necesidades máis básicas do Concello”. 

“A recollida dos puntos limpos ten que ser unha prioridade, para dar resposta así ás demandas do veciños”, asegura e advirte que tampouco se realiza ningunha labor de limpeza en todo o entorno destes puntos limpos, tal e como é preceptivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta