71.800 € públicos nunha fin de semana turística de 9 blogueiros

"Marisco espectacular", hoteis de luxo e “algunha festa popular” entre os alicientes dunha “acción de comunicación” pagada pola Xunta e a Deputación de Pontevedra para promocionar as Rías Baixas nas redes sociais.

Por Galicia Confidencial | Cambados | 06/12/2010 | Actualizada ás 21:56

Comparte esta noticia

Turgalicia e Turismo Rías Baixas acábanse de gastar 71.800 euros en que nove blogueiros especialistas en turismo “disfruten das excelencias da oferta turística de Pontevedra a través dunha ruta que mesture gastronomía, paisaxe, con algunha festa popular, evento o actividade rechamante que consiga impactar aos asistentes”, segundo figura no propio convenio polo que se pagou esta "viaxe de familirización". 

O primeiro ente, que depende da Xunta, invetiu 52.600 euros, e o segundo, da Deputación de Pontevedra, 19.200. 

O  convenio rubricado en outubro asegura que a Administración trataba de promocionar as  Rías Baixas a través entre “miles de seguidores (followers)” dos nove internautas nas redes sociais. Nunha innovadora estratexia de comunicación, estes nove profesionais, a cambio da fin de semana nas Rías Baixas, relataron a experiencia nos seus espazos web e no propio blog da “viaxe de familiarización”.

None

Incluíron o nome de Enrique Dans, que non participou

Entre os “profesionais de gran prestixio” que “desenrolan parte da súa actividade no mundo das novas tecnoloxías e con importante presenza activa en diferentes redes sociais (twiter, tuenti, blogs ...)” as administracións salientaron a presencia dos blogueiros Enrique Dans e Jimmy Pons. Malia que o nome de Enrique Dans figura no convenio, GC confirmou con este popular blogueiro que el non participou en ningunha das actuacións financiadas por ese acordo.

Os asistentes publicaron numerosos contidos da súa fin de semana nas Rías Baixas. Velaquí un dos Youtubes produto desta “acción de comunicación” protagonizados polo blogueiro Jimmy Pons:


Neste outro vídeo, un dos participantes presume de "haber comido como auténticos reyes, un marisco espectacular" e pernoctar nun hotel "de auténtico lujo":

None

 

Ademais de relatorios e visitas turísiticas, os nove afortunados desfrutaron dos productos galegos, como a queimada:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 140 comentarios

18 Manuel P.

Me lo pasé muy bien por Las Rías Baixas y ya de paso como estaba al ladito me fui a visitar a mi amiga Lola a Fuenlabrada. ¡Veña oh a tomarlle o pelo a outros!. Vale que tedes maioría absoluta, eso non volo quita ninguén, pero polo menos non veñades a contarnos contos. Gastástedes 70.000€ nunha festa para os vosos como levades facendo toda a vida. Xamais pasou nada por facelo, así polo menos non tentedes facernos pasar por máis burros do que somos. Coméstedes ben, durmítedes ben e seguramente (polos ollos do fulano do video) os traficantes da zona tamén tiveron un bo día, así que xa está asunto arranxado. ¡Que vos aproveite lambóns!

17 Inteligente

Manolos, Gavioteros, Peperos y demás intelectuales del ave carroñera, unámonos que vienen tiempos difíciles, como dijo aquel gran alcalde del PP (gran intelectual, como la mayoría de los alcaldes del PP): "tengu un estau en la cabesa". Estos izquierdistas mucho te saben, a ver donde te van a parar....¡Viva España!

16 Marcos Garcés Costas

Que fácil es criticar por criticar. Los hosteleros estamos acusando duramente la crisis y agradecemos todas las nuevas iniciativas que traigan  turistas y dinero a nuestra tierra.

1 lois

Non Marcos, o sinxelo é fundirse máis de 70 000 euracos nun rollo así, e tentar vendelo como se fora o último inventado. A ver como lle explicas ti ao turista que visita Galiza, que o marisco vale unha pasta gansa, que iso da chuvia arte... 10 minutos ben, pero despois cansa, que o marisco é nos meses con "r" e que as pescantinas son iso, pescantinas... como estratexia cortopracista está ben.

15 Carlos García

Pois a min me parece unha inciativa salientable e un investimento co que as Rías Baixas sairán gañando, por fin as administracións relacionadas co turismo se achegan ás novas tecnoloxías. Agora mesmo 500 millóns de hispanofalantes en todo o mundo teñen, a través da internet, referencias da nosa terra contadas en primeira persoa por xente que nos visitou, sen dúbida a taxa de retorno desta inversión para as Rías Baixas será móito mais alta que cos métodos tradicionais de promoción turística.

1 lois

bohhh, tes toda a razón Carlos, en que esterei pensando? todo o mundo sabe que o público obxectivo dunha campaña deste estilo son os 500 millóns de hispanofalantes do mundo, que grazas ao seu poder adquisitivo van poder disfrutar dunhas vacacións ao estilo da troupe blogeira esta... Imitando esta xenial idea, creo que o goberno noruegués tamén vai desenvolver unha campaña similar enfocada na cidadanía ejpañola...

2 Carlos García

Lois, sen dúbida a ti o que che molestou foi o dos "hispanofalantes", verdade?

3 Porco Jones

A ver, o gasto por "barba" é bastante alto, pero o que importa é a relación coste-beneficio da acción promotora. Se estes blogueiros son xente reconhecida e os seus blogs tenhen uma visivilidade importante, pois moi ben. O malo é que esteamos a pagar umas vacacións da hostia a catro fulanos que tenhen un blog que non lé nen Cristo. ¿Alguén pode botar uma luz neste asunto?

4 lois

Non Carlos, a gran maioría dos hispanofalantes teñen bastante con poder ver o sol do día seguinte como para que alguén teña interese en facer campañas de turismo para que se poidan encher de marisco. Nótase o teu descoñecemento da realidade dos hispanofalantes. Ábreme os ollos en tal caso se coñeces algún caso onde se promova o turismo latinoamericano en Europa. Hai que estar ben chosco para negar a realidade.

14 lois

hohohohohohhoho, pois si que sabían onde estaban... unha das "pagadas" afirma no seu blogue: "...turístico como Galicia que el de sus gentes. Hoy mismo he entrado en una tienda de Oviedo y la señora, Maria Teresa..." ao que lle comentan se non se trabucaría... para disimular, no seguinte comentario di: "...era para demostrarle a Juan Otero que también llevo a Asturias en el corazón!!!..." http://comunidad.hosteltur.com/post.... Se non sabían nin onde estaban!!!, se che pagan unha enchenta desas caracteristicas, estes caraduras promocionan ata a rata de sumidoiro... vai panda.