O Reino de Galicia, unha realidade xurídica independente de España, segundo o Tribunal Supremo

Unha sentenza xudicial suliña que España como concepto xurídico non naceu cos Reis Católicos. De feito, a sinatura do Duque de Anjou, primeiro Borbón, nunca incluíu a palabra “España”, que tampouco figurou nunca nas rúbricas dos reis da casa de Austria nin tampouco nas dos Reis Católicos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/12/2017 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

España non naceu cos Reis Católicos. De feito, o que se coñece como Reino de España é unha invención moderna xa que ata o século XIX, o que hoxe é o Estado español estaba dividido, aínda, en numerosos reinos e condados con personalidade xurídica propia. Deste xeito, o Reino de Galicia existiu xurídica e políticamente ata o século XIX.  

Mapa do antigo Reino de Galicia
Mapa do antigo Reino de Galicia

Así o acaba de ditaminar o Tribunal Supremo nunha sentenza ao suliñar que Felipe II actuaba como rei de Castela e da Coroa de Aragón por separado, algo que seguiu ocorrendo despois, coa chegada dos Borbóns. A sinatura do Duque de Anjou, primeiro Borbón, nunca incluíu a palabra “España”, que tampouco figurou nunca nas rúbricas dos reis da casa de Austria nin tampouco nas dos Reis Católicos. De feito, o primeiro Borbón titulábase monarca de 24 reinos, entre eles, o de Galicia. 

Por iso, ata ben entrado o XIX, coa fin da monarquía absolutista, os reinos peninsulares seguían mantendo o seu estatus xurídico-político, ante “España”, unha realidade política e territorial nova. Así, ademais de Galicia, estaban coroas con maiores ou menores doses de autonomía, como León, Navarra, Granada, Toledo, Valencia, Mallorca, Menorca, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén, Canarias, Alxeciras e, tamén, os territorios de Córsega, Sardeña e as Dúas Sicilias, formado pola illa e por Nápoles.

ARAGÓN, E NON CASTELA OU ESPAÑA

O tribunal Supremo fixo ese pronunciamento ao resolver o preito que desde hai uns anos manteñen os descendentes do marqués de Oroya, un título nobiliario establecido polo propio Felipe II en Sicilia, unha illa do Mediterráneo que se integrou na Coroa de Aragón pouco despois de que Pedro III fose coroado en Palermo en 1282 e tras separarse de Nápoles.

Bandeiras galegas
Bandeiras galegas

Segundo a sentenza, o marquesado de Oroya é “un título pertencente ao Reino de Sicilia, que naquela época pertencía á Coroa de Aragón” e polo tanto non a España. De feito, o TS aplica en pleno século XXI un precepto da Compilación dos Foros de Huesca, promulgados por Jaime I O Conquistador en 1247, para decidir quen ten dereito a titularse marqués de Oroya. “Aos títulos nobiliarios concedidos pola Coroa de Aragón non lles é de aplicación a lexislación castelá”, resolve a sentenza publicada por Público, aínda que neste caso o marquesado desaparecese a finais do século XVI, cos Austrias, e fóra recuperado en 1984, coa Constitución xa aprobada.

Non é a primeira vez que o Tribunal Supremo alude a suposta “multipluralidade” da Peninsula Ibérica. Noutro preito similar ao do marquesado de Oroya dirimido en 2015, o referente á baronía turolense de Pobedilla, o tribunal deixou claro que o reino de Castela e a Coroa de Aragón seguían sendo entidades autónomas mesmo tras a chegada dos Borbóns coa vitoria de Felipe V na Guerra de Sucesión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

14 eulogio parada crespo

...para que con tantas burradas anteriores...

13 Amonda

Tanto da que arrabeen como que se lles torza o rabo aos porquiños españolentos. Non fai falla que ningún tribunal diga o que é evidente e se pode ler por todos lados: O termo "rei de Galiza" existiu moito antes que o de "rei de España". De feito case que nos quitan unha brincadeira aos que os deixamos esbardallar e enlamarse na súa historieta. A ver se persistan na súa teima do castelán como idioma científico e tal...iso lles tardará mais e hai que gozalo mentras dure.

12 Lobodemar

!!Galiza Ceibe!!! RataMatasepa saca os piños ponte rodilleras empézame a traballar

11 Um anónimo mais

Duas precissões: Córsega no século XIX manteve-se na órbita francesa, não espanhola. Pela sua parte a Sardenha no século XIX estava vencelhada à casa Saboia, reinante também no Piamonte e, em torno à qual, se produziria a unificação italiana.

1 Ferrolano

Portugueses a Portugal, éste no tu foro, es el foro de los marginados galizos, tira a Portugal muerto de hambre, viva España.

2 urco

Vai-te ti a Espanha, pailám, que na Galiza já estamos servidos de sipaios acomplexados.

3 Ferrolano

Aquí en gallego o en castellano inútil sois unos perdedores. Hoy estuve en Coruña y en ferrol y la inmensa mayoría hablamos castellano, mira tenéis dos caminos o aceptarlo o perecereis con esa lengua, lo siento no teneis hijos os interesa más vuestra vida, sois egoístas pero piénsalo tu hija o tu nieta llevarán velo, divide y vencerás nuevo orden mundial a tope. No os defendeis merecéis sucumbir por el islam la suerte ya está echada, viva España 1212 navas de tolosa

4 Um anónimo mais

Ferrolano, não percebo o que me está dizer. Por momentos parece esse estranho galego que escrevem os da Xunta, mas parece diferente. Em qualquer caso saúdos e obrigado por comentar.

10 María

Ola, alguén me pode dicir se é posible atopar algunha noticia ou semellante onde se faga referencia a esta sentencia? A sentencia tamén me sirve... Non atopo máis que este artigo...Grazas.