Que din os rumorosos 110 anos despois...

Pascual Veiga púxolle música a un fermoso poema de Eduardo Pondal que falaba da “nazón de Breogán”.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/12/2017 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O 20 de decembro de 1907 o Gran Teatro da Habana (Cuba) convertíase no escenario da primeira interpretación pública do Himno galego. Cento dez anos despois da estrea deste símbolo de Galicia, o Salón de Actos da Real Academia Galega acollerá o vindeiro mércores, ás 19:30 horas, un acto literario e musical para conmemorar o seu aniversario. 

Partitura de Pascual Veiga co himno galego de Pondal
Partitura de Pascual Veiga co himno galego de Pondal

Organizado pola RAG en colaboración co Instituto José Cornide, contará coas achegas sobre distintos aspectos do Himno do musicólogo e académico correspondente Fernando López Acuña e do historiador e académico de número Ramón Villares. A parte musical correrá a cargo de Queiman e Pousa e concluirá coa interpretación colectiva do Himno. A entrada é libre ata completar capacidade.

A orixe do Himno, coa letra do poema "Os pinos" de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga, atópase no certame musical organizado polo propio Veiga e o Orfeón Coruñés nº 4 en 1890. A intervención de Fernando López-Acuña abordará aspectos relacionados coa parte musical desta composición, mentres que Ramón Villares se centrará no contexto e o significado histórico do Himno e da estrea na Habana.

Con este acto a Acadenia ponlle o ramo á celebración do centenario do pasamento de Eduardo Pondal (Ponteceso, 1835 – A Coruña, 1917). Co gallo desta efeméride, publicou a antoloxía da súa poesía Eduardo Pondal. Os cantos eran da Patria (120 poemas), unha edición a cargo do profesor da Universidade da Coruña Manuel Ferreiro concibida para achegar a calquera persoa interesada á obra do bardo bergantiñán. O investigador impartiu o pasado mércores unha conferencia sobre o escritor na Biblioteca Municipal de Estudos Locais da Coruña noutro acto organizado polo Instituto José Cornide e a Real Academia Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Undopobo

Un hino adicado aos pinos e non aos carballos. Unha mer da de hino

1 Praoslolailos

https://www.youtube.com/watch?v=Uwa.... Os españolistas tedes moita fama polo mundo adiante polo lolololo, Isto é o que vos pasa por seren tan gilipollistas ousando meterse co himno de quen vos da mil voltas. Cando respectedes seredes respectados... ata entón pelade as fabas, eu vou ler á aventura do alcalde que orneaba en versión españolista, para rirme un pouco

4 Alén

Que cheira a eucalito

3 Natasha, la rumorosa

Na RAG non deben de ter máis que facer, non? Que cousas. Que riquiños somos! Non deixa de diminuír o número de falantes de galego e eles coa letra do himno... Que riquiños e riquiñas!

2 Natasha, la rumorosa

Que din? Pois resumo: recortes, precarización, listas de espera en sanidade, aumento de alumnos por aula, perda de falantes do galego que non para de medrar, rexión cunha das máis altas taxas de envellecemento da poboación do mundo... Respostas da hesquerda: Antonciños, Martiños, o señor da Coruña (creo que se chama Xulio ou Julio) e vaites. Somos campións en expresións propias sen tradución (noticia sempre ben acollida nos medios delaprogresía) e tan, tan riquiños... Eu ben sei o que din os rumorosos: se podedes mociños e mociñas galaicos buscade outro mundo. Nalgún lugar debe de ser posible. E se non, seguide porfiando a quen busca acomodo na demagoxia e no voso acriticismo. Votádeos teñen grandes solucións. Mirade que ben lles vai aos gregos. https://www.youtube.com/watch?v=C8d... E, por favor, no bloque: non podiades modernizarvos unha miguiña? A ver, tampouco será tanto pedir.

1 Doutor Ghu

Onde vai ser? Na sede da Academia?