Temas: INCENDIOS LUMES

A vaga de lumes calcinou 11.000 hectáreas en espazos protexidos

A superficie queimada no Xurés e nos Ancares superou as 6.600 hectáreas. Medio Ambiente sostén que os ríos "baixan limpos" agás a turbidez detectada no Xallas e que as escorrentías "non provocaron ningún dano".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2017 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, informou de que, "a día de hoxe, despois de todas as inspeccións", as escorrentías "non provocaron ningún dano en acuíferos, ríos nin rías".

Beatriz Mato, na Cámara galega
Beatriz Mato, na Cámara galega | Fonte: Europa Press

En resposta a unha pregunta do PSdeG sobre a recuperación dos terreos calcinados após os incendios, Mato apuntou que, tralo paso da borrasca 'Ana', tan só detectouse "turbidez" no río Xallas, mentres o resto "baixan limpos". Neste sentido, Mato explica que se están "corrixindo" barreiras afectadas despois do paso do temporal para evitar os arrastres.

Así mesmo, en resposta a unha pregunta de En Marea, a conselleira asegurou que, na actualidade, "non hai contaminación" por hidrocarburos nos ríos nin nos sedimentos dos encoros da demarcación Galicia-Costa. "Non se detecta presenza", sostén.

SUPERFICIE QUEIMADA NO XURÉS E OS ANCARES

A superficie queimada durante a vaga de lumes de outubro nos espazos protexidos do Xurés (Ourense) e dos Ancares (Lugo) foron de 3.670 e preto de 3.000 hectáreas, respectivamente, o que suman 6.600 entre ambas.

Diso informou tamén este mércores no pleno do Parlamento a conselleira, quen apuntou que, en total, a superficie queimada en toda Galicia en espazos protexidos foi de 11.000 hectáreas, o 23,4% das 49.000 hectáreas arrasadas en total.

En resposta a unha pregunta do PSdeG, Mato sinalou que as hectáreas queimadas no Xurés foron nas parroquias de Riocaldo e Araúxo, mentres que no caso dos Ancares tiveron lugar en Donís e Noceda. Respecto diso, defendeu os traballos de restauración realizados de forma "inmediata", nunhas tarefas coordinadas pola Consellería de Medio Rural.

Pola súa banda, Patricia Vilán (PSdeG) lamentou os "terribles danos ambientais" producidos no Xurés e nos Ancares. Así mesmo, referiuse ás críticas da Sociedade Galega de Historia Natural sobre o "desinterese" das administracións sobre a conservación da natureza.

Temas: INCENDIOS LUMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 PODREIROS = PP NO PODER

pero imos ver???? dimitiu algún da desfeita??? demitiu alguen polas mentiras propagadas pola untada da malicia????, dimitiu algún xefe de sala do 1-1-2 que deixou pudrir a emerxencia durante 12 horas??? estanse a rir, continúan a rirse, pero claro coa oposición mareada que se pode pedir, huxe mesmo o xefe de podreiros o economista "monedeuros" dixo que o pp fixo ben en aplicar o 155 a Catalunya, os anovados asienten, os mareados toleran, os mareados son complices!!!! O RUPTURISMO MEUS!!!! O RUPTURISMO!!!